Queridas familias. Dada a situación actual e a imposibilidade de facer os maios este ano, dende o centro imos facer un concurso de coplas de maios. Para isto, queremos animarvos a participar nesta proposta facendo e cantando coplas de maios. Unha copla é un conxunto de 4 versos de oito sílabas con rima nos pares.
Para isto, tedes que facer dúas cousas: as coplas por un lado e unha gravación (audio e/ou vídeo) destas cantadas por vos por outro lado. Permítese que os pais e nais axuden se lles apetece pero o alumnado é o que ten que cantar sempre as súas coplas. Non fai falla dicir que as coplas deben ter un punto picante no seu contido pero SEMPRE respetuoso e que o tema estrela deste ano é… o coronavirus, que vai ser? Se queredes participar, tedes que enviar as vosas coplas (documento word, foto…) e as gravacións cantadas (audio, vídeo…) indicando o nome do alumno/a e o curso ao seguinte correo: musicascativas@gmail.com antes do vindeiro venres dia 1 de maio. Haberá 4 categorías (infantil, 1º-2º, 3º-4º e 5º-6º) e os gañadores verán publicadas as súas coplas na páxina do cole e recibirán un libro de agasallo. Déixovos un exemplo a continuación premendo na imaxe.
Grazas e moito ánimo con todo.