Curso 2022-2023

Actividades realizadas no curso 2022-2023

RESERVA DE PRAZA NO IES MENDIÑO

Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023 abriuse o prazo para que o alumnado de 6º reserve praza no  IES MENDIÑO para o curso escolar 2023/2024.

Se desexan que os seus fillos cursen 1º de ESO nese centro deberán cubrir o impreso de reserva ( ED550A ) e presentalo na secretaría do CEIP OUTEIRO DAS PENAS. (*)

Habitualmente o IES MENDIÑO ten prazas suficientes para acoller a todo o alumnado. Se este ano ocorre o mesmo unha vez entregado este impreso de reserva xa se considerarán

admitidos e só deberán formalizar a matrícula a finais de curso no instituto.

Se teñen a reserva aceptada no IES MENDIÑO NON PODERÁN solicitar a admisión noutro centro. Para facelo deberán renunciar por escrito a praza reservada (antes do 28 de febreiro).

O prazo para facer a solicitude noutro instituto distinto abrirase do 1 ao 20 de marzo.

NORMATIVA APLICABLE:

DECRETO 13/2022 DO 3 DE FEBREIRO ( DOG 11 de febreiro de 2022)

ORDE 21 de outubro do 2022 (DOG 8 de novembro de 2022)

 

Máis información no colexio, na web da Consellería de Educación ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.

(*)Este impreso tamén pode cumprimentarse en internet na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) para logo entregalo no centro ou realizar todo o proceso telemáticamente con certificado dixital ou coa Chave365 na sede electrónica.

SAMAÍN 2022

Este ano celebramos o Samaín xunto coas nosas mascotas. Mirade que terroríficas quedaron! Preme na imaxe para ver o vídeo.

CIRCUITO DE EDUCACIÓN VIAL

A semana pasada estreamos no noso centro un circuito de educación vial para comunicar os dous patios de educación infantil. @s máis peques están encantad@s.

 

 

 

AXUDAS CONCELLO MATERIAL INFANTIL

Hoxe publicáronse as bases para a solicitude de material escolar.

O prazo de solicitude é dende o 15 de xullo ata o 10 de agosto.

Powered by Drupal - Design by artinet