Curso 2021-2022

Actividades realizadas no curso 2021-2022

Día escolar da non violencia e da Paz

A ÁRBORE DA AMIZADE

A amizade hai que coidala día a día, regala coma unha planta. E iso conséguese coa empatía, co cariño, co repecto e coa confianza mutua.

XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES!!

Preme na imaxe para ver a actividade na que participou todo o alumnado do centro.

 

 

Día da Paz 2022

O pasado luns 31 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Clica na imaxe para ver o vídeo que fixemos.

 

NADAL 2021

Hoxe celebramos o nadal cunhas actuacións musicais. Preme na seguinte imaxe para ver os vídeos.

 

Last Friday the 19th, we celebrated Christmas in our English classes. We celebrated with  our language assistant Erin, and did activities, such as storytelling and playing music. Click on the images to watch the presentations.

O venres 19 celebramos o Nadal en inglés e fixémolo con contos e cancións acompañados por Erin, a nosa auxiliar de conversa. Premer nas imaxes para ver as presentacións.

 

                                     

 

NADAL 2021: (STREAMING) HORARIOS E PROGRAMACIÓN.

Queridas familias.

Tendo en conta a situación actual provocada polo COVID-19, este nadal 2021 no noso centro ao igual que o curso pasado, realizaremos unha serie de actuacións musicais que estarán programadas ao longo da mañá do vindeiro luns día 20 en cada unha das aulas. A diferencia doutros anos, será a cámara a que se mova por todas e cada unha das clases. A idea é realizar unha emisión en directo (streaming) a través da canle youtube do centro (sempre que técnicamente sexa posible e non haxa problemas de conexión, problemas técnicos...) Así, cada aula representará unha actuación musical a unha hora en concreto da mañá. Paralelamente realizarase unha gravación de cada actuación por se hai problemas coa emisión. Esta gravación estará igualmente dispoñible na páxina do centro ao longo do día 20. Máis INFO.

 

HORARIO DAS ACTUACIÓNS. (Hora de comezo da actuación)

  • 10.00h - 6º infantil.
  • 10.15h - 5ºA infantil.
  • 10.30h - 4º infantil.
  • 10.45h - 5ºB infantil.
  • 11.00h - 1º
  • 11.15h - 2ºA
  • 11.30h - 2ºB
  • 11.45h - 3º
  • 12.00h - 4ºA
  • 12.15h - 4ºB
  • 12.30h - 13.00h Recreo.
  • 13.00h - 5ºA
  • 13.15h - 5ºB
  • 13.30h - 6ºA
  • 13.45h - 6ºB

EMISIÓN EN DIRECTO (STREAMING)

Para acceder á emisión en directo, simplemente hai que premer na canle de youtube do noso centro (sección superior no lateral dereito desta páxina) ou tamén premendo na seguinte imaxe. Unha vez dentro da canle de youtube do centro, premer por último no botón "en directo" para poder entrar en directo ás actuacións na hora marcada. Tratarase de ser o máis puntual posible.


25N

Este ano no noso centro fixemos diferentes actividades para celebrar o día internacional da eliminación da violencia de xénero e a continuación vos amosamos algunhas delas.

 

 

Dende a aula de música, traballamos a canción "ni una más" do grupo Alademoska para celebrar o día internacional da eliminación da violencia de xénero e este foi o resultado.

 

 

Rede DixitalGal

Asesora Dixital (ADIX): Mª Jesús Omil Tilve
Contacto: adix1.vigo2@edu.xunta.gal

MAGOSTO 2021

Un ano máis, a festa do magosto chega ao noso outeiro. Preme na imaxe para ver as fotos.

 

 

HALLOWEEN 2021!!!

Xa chegou Halloween e coma sempre celebrámolo dun xeito arrepiante!

Premer na imaxe para vez a presentación.

Halloween is here and we've celebrated it in a spooky way!

Click on the image to see the presentation.

 

SAMAÍN 2021. CONCURSO DE CURTAMETRAXES.

Por fin chegaron as curtas de medo deste samaín. Preme na seguinte imaxe para ver as curtas premiadas e na imaxe grande para ver @s nos@s artistas en acción.

 

 

A continuación tedes o traballo de ambientación sonora que realizou o alumnado de 6º utilizando o programa audacity e unha das curtas do noso alumnado. Preme na seguinte imaxe para ver o resultado.

 

Powered by Drupal - Design by artinet