Curso 2020-2021

ENTROIDO 2021

XA ESTÁN AQUÍ OS BAILES DE ENTROIDO. Preme na seguinte imaxe para ver os bailes de entroido de cada clase.

Se queres ver as fotos individuais deste entroido, preme AQUÍ.

 

Esta semana levaremos a cabo os mandadiños do entroido que serán acumulativos día tras día, os cales podedes ver na seguinte imaxe.

 

Estamos preparando tamén os bailes de entroido, os cales se gravarán o vindeiro venres e estarán dispoñibles aquí na páxina web ese mesmo día. O alumnado ten na aula virtual un vídeo explicativo cos movementos de cada baile (na asignatura de Ed. física para os cursos de 1º a 4º e na asignatura de música para 5º e 6º). Preme en cada curso para escoitar a música.

DÍA DA PAZ 2021

Para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, todo oa alumnado participou nunha gravación utilizando a canción "eso que tú me das" do grupo Jarabe de palo coa cal traballamos algúns dos valores propios da paz. Agardamos que vos guste. Preme na imaxe para ver o vídeo.

 

Ademáis, os nenos e nenas traballaron co conto "Orellas de bolboreta". Este ano foi especial e tivemos que gravalo de xeito individual. 

Ademais tamén fixeron un mural colaborativo entre todos! Premede na imaxe e verédelo!

 

NADAL 2020 - HORARIOS E PROGRAMACIÓN.

Queridas familias.

Tendo en conta a situación actual provocada polo COVID-19, este nadal 2020 no centro realizaremos unha serie de actuacións musicais que estarán programadas ao longo da mañá do vindeiro martes día 22 en cada unha das aulas. A diferencia doutros anos, será a cámara a que se mova por todas e cada unha das clases. A idea é realizar unha emisión en directo (streaming) a través da canle youtube do centro (sempre que técnicamente sexa posible e non haxa problemas de conexión, problemas técnicos...) Así, cada aula representará unha actuación musical a unha hora en concreto da mañá. Paralelamente realizarase unha gravación de cada actuación por se hai problemas coa emisión. Esta gravación estará igualmente dispoñible na páxina do centro ao longo do día 22.

 

HORARIO DAS ACTUACIÓNS. (Hora de comezo da actuación)

  • 10.00h - 6º infantil.
  • 10.15h - 5º infantil.
  • 10.30h - 4º infantil.
  • 10.45h - 1ºA
  • 11.00h - 1ºB
  • 11.15h - 2º
  • 11.30h - 3ºA
  • 11.45h - 3ºB
  • 11.50h - 13.00h Recreo e chocolatada con rosca (aportada pola ANPA)
  • 13.00h - 5ºA
  • 13.15h - 5ºB
  • 13.30h - 4ºA
  • 13.45h - 4ºB
  • 14.00h - 6º

 

EMISIÓN EN DIRECTO (STREAMING)

Para acceder á emisión en directo, simplemente hai que premer no canle de youtube do noso centro (sección superior no lateral dereito desta páxina) ou tamén premendo na seguinte imaxe. Unha vez dentro da canle de youtube do centro, premer por último no botón "en directo" para poder entrar en directo ás actuacións na hora marcada. Tratarase de ser o máis puntual posible.

Adornos de Nadal

Coma este ano non podedes entrar no recinto escolar, aquí tedes un vídeo cos adornos que fixeron @s nos@s alumn@s e as súas familias.

 

Vídeos para facer unha postal de Nadal

Preme na imaxe para ver uns vídeos sobre como facer unha postal de Nadal.

 

Se queres descargar o programa Inkscape, co que están feitos os vídeos, fai clic aquí.

25N - La puerta violeta

A semana pasada traballamos no centro a canción "la puerta violeta" de Rozalén para conmemorar o 25N (día internacional contra a violencia de xénero). Preme na imaxe para ver o vídeo.

BLOGUE ENGLISH & ART

Queremos convidarvos a visitar o noso blogue "English and Art no Outeiro". Nel publicaremos todo aquilo que estea relacionado coas materias de Inglés e Plástica, dende celebracións, traballos feitos na clase, actividades de repaso e ampliación e moito máis! Podedes premer na imaxe de abaixo "We love English and Art" ou na sección dereita da páxina web.

 

Magosto 2020

Esta ano fixemos un Magosto diferente, pero xogamos e comimos castañas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet