Curso 2015-2016

KIKO DA SILVA: MONCHO E A MANCHA

KIKO DA SILVA: MONCHO E A MANCHA
 
 

 
As nenas e os nenos de Infantil recibiron hoxe unha visita moi esperada, a de Kiko Da Silva, o autor e ilustrador de Moncho e a mancha, o libro que traballaron este curso nas súas aulas.
 
Kiko veu acompañado dunha fantástica contacontos chamada Sandra e, entre os dous, descubríronnos unha chea de historias e de posibilidades artística detras dunha mancha.
Moitísimas grazas aos dous pola visita...especialmente pola preciosa pegada que Kiko deixou no noso libro de visitas.
 

 

DÍA DA ÁRBORE: EXCURSIÓN E PLANTACIÓN

DÍA DA ÁRBORE 2016: EXCURSIÓN E PLANTACIÓN.
 
 
Este ano recuperamos a excursión ao Saramagoso para celebrar o día da árbore. Despois dalgúns atrancos por mor da chuvia, o pasado xoves puidemos prantar, coa axuda da Comunidade de Montes do Viso, uns carballos que, con paciencia, darán unha boa sombra.
 
Velaí van as fotos de tan fantástico día.

FACENDO MONICREQUES EN 2º E 3º

FACENDO MONICREQUES EN 2º E 3º.
 
 
Hoxe tivemos unha visita moi especial. A través do Servizo de Normalización do Concello de Redondela, os tres titiriteiros do grupo Tanxarina organizaron un obradoiro co alumnado do 2º e 3º curso de Primaria para aprender a facer un monicreque. 
 
Tatán, Miguel e Andrés fixeron dúas sesión moi divertidas, na que cada nena e cada neno puido facer a súa propia marioneta de variña. O certo é que foi unha mañá estupenda. Moitas grazas aos tres polo voso traballo!!
 

CREANDO... GRAFITEANDO EN INFANTIL

CREANDO... GRAFITEANDO EN INFANTIL.
 
 
Estas son as fotos do obradoiro de grafiti que David Parga levou a cabo co alumnado de Educación Infantil para conmemorar o día de Rosalía de Castro
 
Antes de poñerse mans á obra fixeron unha primeira achega ao mundo do grafiti, unha expresión da arte urbana que chegou a moitos museos do mundo. Unha vez rematados os aspectos teóricos, puxéronse as luvas e as mascarillas para dar forma a unha estupenda Rosalía de Castro.
Unha actividade do máis interesante e divertida que nos deixa unha fantástica obra de arte no noso cole.
 

SAÍDA MUSICAL: 5º E 6º VAN DE CONCERTO

SAIDA MUSICAL: 5º E 6º VAN DE CONCERTO

O alumnado de 5º e 6º asistiu a un concerto celebrado en Pontevedra do músico "Xoán Curiel" e a súa banda, os cales nos presentaron o seu traballo chamado "estamos no verán" que ten un formato de libro disco. Este é un pequeno resumo deste espectáculo.

 

https://youtu.be/QU5ZVhzQjKk

TALLER DE DANZA

TALLER DE DANZA.

Xa que este ano estamos a traballar no centro o tema da arte, o alumnado de infantil tivo a sorte de participar nun taller de danza realizado por María, mestra de balet e nai de Pablo, a cal lle damos as gracias pola súa colaboración.

 

 

SAÍDA MUSICAL DE 1º E 2º

SAÍDA MUSICAL DE 1º E 2º.

O alumnado de 1º e 2º realizaron unha saída a un concerto musical chamado "Contos do tranvía" da compañia Rodarirrodari e aquí vos deixo un pequeno resumo.

 

https://www.youtube.com/watch?v=FZW0Grquv7I&feature=youtu.be

ENTROIDO 2016

ENTROIDO 2016

E chegou o entroido. Este ano, xa que estamos a traballar a arte, as diferentes clases disfrazáronse dalgunhas das diferentes artes que hai e así, por exemplo, os nenos de infantil basáronse nos persoaxes do mundo de Oz, 1º e 2º de notas musicais, 3º e 4º dos beatles e 5º e 6º de grafiteiros. Para amosar parte da súa arte, cada clase realizou un baile que podedes ver a continuación. Agardamos que vos guste.

https://www.youtube.com/watch?v=YrXA3-h-QhE

 

https://www.youtube.com/watch?v=FBhV7k2pXgk 
 
https://youtu.be/YVmeMl8XcjY

 

https://www.youtube.com/watch?v=ZBgMKhfK44c

DÍA DA PAZ 2016 - LIPDUB - EL MISMO SOL

DÍA DA PAZ 2016 - LIPDUB - EL MISMO SOL.

 

Este ano o centro escolleu a canción de Álvaro Soler "el mismo sol" para celebrar o día da paz 2016, e tento en conta que o proxecto de centro deste ano trata sobre a arte, quixemos facer algo distinto, creativo e emocionante onde participara todo o centro, por iso fixemos un lipdub. Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración. Máis sorpresas nos vindeiros días. Fai clic na imaxe para ver o video. 

https://www.youtube.com/watch?v=IXPZJpsdRd4&feature=youtu.be
 
 

Se queres ver o "making off" (como se fixo todo isto) do LIPDUB "el mismo sol" que fixemos estes días atrás, preme na imaxe. Agardamos que vos guste.

 

 

E esta foi a coreografía que fixemos todo o cole para celebrar o día da paz 2016. O principio comeza un pouco borroso pero logo vai ben.

 

CANTOS DE REIS E AGUINALDOS

CANTOS DE REIS E AGUINALDOS.

 

Ao longo desta semana, todos os alumnos do cole celebrarán por sexto ano consecutivo a chamada "ruta do caramelo", unha interesante forma de intercambiar polas clases cancións de reis e aguinaldos por chuches e caramelos. Xa podedes ver os videos facendo clic na imaxe.

 

http://musicascativas.wix.com/cantandoosreis2015

Powered by Drupal - Design by artinet