Últimos avisos:
LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025
BECAS CONCELLO ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL
Últimos avisos:
LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025
BECAS CONCELLO ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL
Fai click para máis información
O CENTRO O CEIP Ramón Otero Pedrayo do Barco de Valdeorras ubícase na marxe esquerda do río Sil ao seu paso pola Vila de O Barco, no barrio denominado Viloira. Unha ponte comunica ambas beiras do río e a pasarela peonil facilita unha rápida, segura e pintoresca comunicación co centro da vila, contemplando, mentres camiñas, unha das estampas máis típicas do Barco, a da Rúa Real e o Malecón reflexándose nas augas do Sil. Benvidos á nosa web! Benvidos ao noso cole! |
|
---|---|
|
AS INSTALACIÓNS EDIFICIO PRINCIPAL
EDIFICIO NOVO
EXTERIORES
|
O EQUIPO DOCENTE O CEIP Ramón Otero Pedrayo conta cun equipo de docentes comprometido coa calidade educativa, a innovación pedagóxica e as necesidades do alumnado como prioridade. As nosas mestras e mestres garanten a continuidade da liña pedagóxica durante toda a escolaridade e a actualización docente necesaria para seguir sendo pioneiros en proxectos de innovación.
|
|
|
INNOVACIÓN CONSTANTE E PEDAGÓXIAS ACTIVAS Dende o noso centro, apostamos pola constante innovación educativa fundamentada nas Tecnoloxías Dixitais e nas Pedagoxías Activas. Contamos cunha longa experiencia en proxectos de innovación, programación, fomento STEM... coma os seguintes: Contratos Programa, Plans proxecta, EDIXGAL, Robótica Educativa en Primaria, Seccións Bilingües, Semana STEM... e a máis recente: POLOS CREATIVOS. Cremos que a motivación que produce no alumnado o deseñar, crear e producir os seus propios proxectos e coñecementos, converténdose en provocadores da súa propia aprendizaxe. conforman o camiño máis adecuado para a adquisición e o progreso das súas competencias básicas. |
MÁIS SERVIZOS
ACCEDE PARA CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN E MATRÍCULA!
|
|
Rúa Elena Quiroga, nº7, 32315. O Barco de Valdeorras.
Telf.: 988 32 01 63 E-mail: ceip.otero.pedraio@edu.xunta.gal