1º A

Que ben nos medraron as plantas!!!

 

Ao primeiro foron as fabas, medraron mirando ao sol que era unha marabilla. Algunhas ata botaron flor e froito.

Despois foi o castiñeiro que saiu prara adiante rapidísimo e xa mide 25 cm.

O fin de curso campestre de 1º A

Hoxe rematou o curso o longo do cal fixemos moitísimas cousas, traballamos moito, fixemos moitas actividades e celebracións, como puidestes ver nesta web así coma na galería de fotos ao longo dos meses. E para celebralo fixemos unha merenda na carballeira. Por sorte tivemos bo tempo. Pasámolo ben e ... canto comimos! Podes ver máis  fotos na galería premendo na imaxe.

Despois vimos unha película e ao final as despedidas...

Feliz verán a todos! Vémonos o próximo curso, xa en 2º!

Contacontos 2014

Letras Galegas 2014

Como no curso anterior, este ano, para celebrar o día das Letras Galegas, as nenas e nenos maiores contáronnos contos aos máis pequenos na carballeira do noso colexio. Foi moi divertido e tivemos un tempo marabilloso! Os de 1º A estivemos cos de 3º A.

Distribuir contido