1º Curso

PARA ESTAR SANOS DEBEMOS TER SENTIMENTOS E EMOCIÓNS AMOROSAS COS DEMAIS.

PARA ESTAR SANOS DEBEMOS TER SENTIMENTOS E

 

EMOCIÓNS AMOROSAS COS DEMAIS.

 

FIXÁMONOS NAS COUSAS BOAS QUE FAN OS NOSOS

COMPAÑEIROS...

 

... PORQUE NOS SENTIMOS BEN CANDO FACEMOS SENTIR

BEN AOS DEMAIS.

 

  Para medrar sans e cuns dentes sanos e fortes temos que vixiar o que comemos evitando comer alimentos ricos en azucres, e comer máis froitas e verduras.

 

Fixemos traballos con lentellas e co millo e aprendemos algunha cousiña deles.

 

E moi importante empezar ben a mañá tomando un almorzo saudable…

 

e despois de almorzar lembrarse de lavar ben os dentes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Seis oficios

O pasado venres 13 seis profesionais, de outros tantos oficios distintos, contáronnos ás nenas e nenos de 1º todo sobre a súa profesión.  Ademáis tamén nos ensinaron os utensilios, aparellos e traxes que utilizan a diario nas súas actividades.

Foi moi interesante escoitalos! Ao final contestaron a todas as nosas preguntas. Foi divertido!

Viaxe á Casa Grande de Xanceda

As nenas e nenos de 1º fomos ä granxa de Xanceda o pasado 26 de maio. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas, proba diso son as fotos que trouxemos de recordo e que ti podes ver na galería.

Cando era tempo de inverno

Letras Galegas 2014

Poema "Cando era tempo de inverno". Rosalía de Castro

Música de Amancio Prada

Cantamos as nenas e nenos de 1º  do CEIP Os Tilos.

As nenas e nenos de entroido

O entroido das nenas e nenos de 1º. Prema na imaxe para acceder á galería.

 

María Menéndez Ponte

O outro día veu visitarnos ao colexio a creadora de Pupi, María Menéndez Ponte. Contounos historias sobre ela, contestou a todas as nosas preguntas, cantou cancións e ata asinou autógrafos nos libros de Pupi que levamos.

A verdade é que é moi simpática.

Nós agasallámola cun vídeo sobre a súa vida narrado por Pupi. Gustoulle moito.

Ao final, para despedila, cantamos todos a canción de Pupi.

Pasámolo moi ben!!!

Rodolfo o reno

O día 20 de decembro celebramos que empezaban as vacacións e con elas as festas de Nadal. Cantamos a canción de Rodolfo na porta principal do colexio diante das nosas nais e pais. Foi divertido!

Felices vacacións a todos e Bo Nadal!

Podes ver o vídeo.

Os paxes dos Reis Magos no CEIP Os Tilos

Hoxe viñeron ao noso colexio os paxes dos Reis Magos. Entregámoslles as cartas para os Reis e eles déronnos un agasallo. Así foi a súa visita.

Se vas á galeria, no álbum de usuarios (Mercedes) poderás ver algunhas fotos.

O Magosto

Primeiro pasamos moito medo polo Samaín. Disfrazámonos, contáronnos contos de medo, fixemos morcegos para decorar o colexio e unhas cabazas arrepiantes!

E despois comemos moitas castañas no Magosto. Que ben sabían!

Cando baixamos a ver como se asan as castañas asistimos á inauguración do mural que pintaron no patio cuberto. Que bonito quedou agora ese patio!

Outono nos Tilos

O outono xa chegou e no CEIP OS TILOS facémoslle honra.

As alumnas e alumnos de 1º, xunto coas nosas titoras, celebramos o outono con distintas actividades.

Recollemos follas secas para facer murais dentro e fóra das aulas. Tamén engadimos ourizos de castiñeiro, castañas e algúns animaliños.

A nosa mascota Pupi, xunto con Lila, tamén quixo celebralo con nós e achegouse ata aquí para desfrutar da paisaxe.

Distribuir contido