Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

ADMISIÓN CURSO 2022-2023

Posted in

INICIO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

01 ao 21 de marzo

NOTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS

1º. O alumnado só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 4º. No caso de separación ou divorcio dos proxenitores, a solicitude de admisión deberá ser asinada por ámbolos dous.

 5º. A solicitude de admisión pode tramitarse en liña no seguinte enderezo electrónico:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE DE ADMISIÓN

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

 d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

Máis información AQUÍ

Para a presentación na sede electrónica AQUÍ

Solicitude para descargar AQUÍ

 

AdxuntoTamaño
ADMISION 2022-2023.pdf207.28 KB
CRITERIOS ADMISIÓN.pdf147.82 KB
Resolucion resultado sorteo anual letras admision 2022_23.pdf477.71 KB