Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

ADMISIÓN CURSO ACADÉMICO 2021-2022

Posted in

ANUNCIO DO SORTEO PÚBLICO ANUAL DAS LETRAS DE PRIORIDADE PARA RESOLVER OS EMPATES NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO CURSO 2021/2022

Día: 25 de febreiro de 2021
Hora: 10:30 horas
Lugar: Salón de actos nº 2 da Vicepresidencia primeira e Consellería da Presidencia, Xustiza e Turismo.
Edificio Administrativo de San Caetano,
Santiago de Compostela

Prazo de solicitude de ADMISIÓN de alumnado

01 ao 22 de marzo

NOTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS

1º. O alumnado só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

4º. No caso de separación ou divorcio dos proxenitores, a solicitude de admisión deberá ser asinada por ámbolos dous.

 

5º. A solicitude de admisión pode tramitarse en liña no seguinte enderezo electrónico:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

Teñen toda a información na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e na Sede Electrónica

Consellería

 Sede Electrónica

 

AdxuntoTamaño
Decreto admisión.pdf711.8 KB
Orde admisión.pdf1.15 MB
Información proceso de admisión.pdf129.91 KB
Orde modificación admisión.pdf709 KB
Orde do 18 de decembro 2020.pdf597.07 KB
Documentación para a presentación.pdf82.81 KB
Manual da aplicación admisionalumnado para as familias.pdf179.36 KB
Formulario solicitude admisión.pdf688.05 KB
Documentación con solicitude de admisión.pdf64.99 KB