Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

INICIO DO CURSO 2023-2024

O día 11 iníciase o curso 2023-2024.

Entrada e saída de alumnado ao centro.

Educación infantil

Este curso todo o alumnado de educación infantil (4ºA, 5ºA, 6ºA, 6ºB) estará no edificio de infantil.

4º, 5º, 6º de infantil realizará a entrada e a saída ao recinto escolar pola cancela "S".

4º e 5º: entrada e saída ás aulas pola porta principal do edificio.

6º: entrada e saída ás aula polo patio cuberto.

MOI IMPORTANTE: DOCUMENTACIÓN COMEDOR ESCOLAR

Posted in

Todo o alumnado que presente algunha alerxia ou intolerancia alimentaria, debe presentar neste curso académico 2023-2024, o correspondente informe médico.

Prazo: antes de comezar a usar o servizo.

 

Todo o alumnado debe presentar tamén o documento para cubrir os días de asistencia ao comedor (Días comedor).

 

Todo o alumnado deberá entregar o anexo II- autodeclaración- cuberto e asinado(ANEXO II).

 

O alumnado ao que lle corresponda efectuar o pago do comedor, deberá entregar a orde de domiciliación(Orde domiciliación).

 

 

AUTORIZACIÓN SAÍDA DO CENTRO EDUCATIVO.

As autorizacións para a saída do alumnado do centro educativo, poderanse entregar a partir do día 11 de setembro ao mestre/a titor/titora.

INFORMACIÓN REUNIÓN INFORMATIVA 4º INFANTIL (3 ANOS)

O día 6 de setembro ás 10:00 horas, reunión informativa sobre o desenvolvemento do curso 2023-2024 para as familias do alumnado matriculado en 4º de infantil (3 anos).

LISTAXES DEFINITIVAS COMEDOR ESCOLAR 2023-2024

Posted in

O XOVES 20 de xullo publicaranse, no taboleiro de anuncios do centro, as listaxes definitivas de admitidos para o curso 2023-2024.

LISTAXES COMEDOR ESCOLAR

Posted in

O MÉRCORES 12 de xullo publicaranse, no taboleiro de anuncios do centro, as listaxes provisionais de admitidos e de reserva para o curso 2023-2024.

LISTAS DEFINITIVAS FONDOLIBROS - 2023 / 2024

Posted in

O XOVES 6 DE XULLO, PUBLICARASE NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO AS LISTAS DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS.

O reparto dos libros farase no mes de setembro.

RECOLLIDA DE HISTORIAIS ACADÉMICOS 2023

Posted in

PODERASE RETIRAR EN SECRETARÍA O HISTORIAL ACADÉMICO DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DENDE O DÍA 5 AO 12 DE  XULLO EN HORARIO DE ATENCIÓN DE 10:00 A 13:00 HORAS.

Se non poden recollelo nestas datas, poderán facelo a partir do mes de setembro no horario habitual de centro.

A DOCUMENTACIÓN SERÁ RETIRADA POLA NAI, PAI OU TITOR LEGAL DO MENOR.

INFORMACIÓN VALES E FONDOLIBROS 2023-2024

Posted in

QUEDAN PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO AS LISTAS PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS  / EXCLUÍDAS NO FONDO LIBROS 2023-2024

O ALUMNADO DE 1º E 2º RECOLLERÁ NO CENTRO OS VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DENDE HOXE 3 DE XULLO ATA O 7 XULLO EN HORARIO DE 10:00 A 13:00.

O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º e 6º  RECOLLERÁ OS VALES DE MATERIAL ESCOLAR DENDE O 3 DE XULLO ATA O 7 DE XULLO EN HORARIO DE 10:00 A 13:00

Se non poden recollelo nestas datas, poderán facelo a partir do mes de setembro no horario habitual de centro.

RECORDAMOS QUE OS CHEQUES DE  LIBROS DE TEXTO PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E OS DE MATERIAL ESCOLAR PARA TODA PRIMARIA DEBEN VIR A RECOLLELOS OS SOLICITANTES DA AXUDA, EN CASO DE NON PODER VIR DEBERÁ AUTORIZAR POR ESCRITO A OUTRA PERSOA.

Distribuir contido