Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

CALENDARIO ESCOLAR 2018-2019

Posted in

VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

RELACIÓN CANDIDATURAS DE PAIS E NAIS AO CONSELLO ESCOLAR

MODELO PRESENTACIÓN CANDIDATURA

CONVOCATORIA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

PROXECTOS: E-DIXGAL, PLURILINGÜISMO, PLURINFANTIL

Posted in

PROXECTO E-DIXGAL

No ano académico 2018-2019 o CEIP Os Tilos incorpórase ao proxecto E-Dixgal en 5º curso de primaria.

No seu momento, cando dispoñamos  dos datos suficientes, informaremos ás familias do alumnado de 5º curso ao respecto.

A participación no Proxecto  E-Dixgal  non afecta ás axudas convocadas para adquisición de material escolar.

SECCIÓNS BILINGÜES, PLURILINGÜISMO E PLURINFANTIL

No curso 2018-2019 ademais das Seccións bilingües que se imparten en primaria, o CEIP Os Tilos incorpórase ao Plurilingüismo , que comeza en 1º curso de primaria; e a Plurinfantil, que afecta a toda a etapa de infantil.

Letras Galegas: o escritor Xosé Antonio Perozo descúbrenos a figura de Mª Victoria Moreno

Seguindo coas actividades dedicadas á autora Mª Victoria Moreno o día 25 de maio o alumnado de 6º de Primaria recibiu a visita do xornalista e escritor Xosé Antonio Perozo.

Xosé A. Perozo foi amigo da autora homenaxeada polo que a través das súas palabras e lembranzas poidemos descubrir moitas cousas sobre a vida desta autora.

 

 

 

O alumnado de 2º B expón os seus traballos sobre o Concello de Teo

Do 21 ao 24 de maio, na biblioteca do cole, tivo lugar a exposición dos traballos realizados polo alumnado de 2º B de Primaria sobre o Concello de Teo. O alumnado, repartidos en grupos de 4 nenas e nenos, encargáronse de estudar dúas ou tres parroquias do Concello.

Estes traballos fixéronse nas casas coa colaboración das familias. Unha vez rematados cada grupo amosoulle aos seus compañeiros e compañeiras o libro que fixeron e expuxéronlles a información recollida.

Moitas grazas ás familias pola colaboración e por ensinarnos tantas cousas sobre as parroquias do noso Concello.

 

IAGO LÓPEZ PRESENTA "EU CONTO, TI CANTAS"

Posted in

                                                                                                  

Visita de Iago López

O martes, 8 de maio, o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria recibiron a visita de Iago López. A animación lectora estivo relacionada co libro "E conto, ti cantas" de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas.

Distribuir contido