Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

RECOLLIDA HISTORIAL ACADÉMICO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os pais, nais ou titor/as legais do alumnado de 6º de educación primaria pode pasar a recoller o historial académico na secretaría do centro, en horario de 10:00 a 13:00, ata o 19 de xullo ou a partir do 2 de setembro do 2019.

LISTAXE DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019-2020

PUBLÍCASE O INFORME DAS SOLICITUDES DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO D DE MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE 1º A 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. AS PERSOAS INTERESADAS PODERÁN RECLAMAR NOS DOUS DÍAS SEGUINTES A PUBLICACIÓN DESTA LISTAXE.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

Posted in

LISTADO LIBROS DE TEXTO

EXPOSICIÓN "TILANDRA MEDRA SA"

Cando visitedes a Exposición, na entrada do colexio atoparedes este tríptico con información sobre os diferentes andares e  do edificio onde se atopa 4º e 5º de educación infantil.

 

EXPOSICIÓN "TILANDRA MEDRA SA"

O martes 4 de xuño celebramos a xornada de portas abertas da Exposición "Tilandra medra sa". Na entrada acharedes un mural con códigos QR onde veredes os traballos realizados ao longo do curso.

VISITA AO MUSEO DO POBO GALEGO

Ao longo do mes de maio o alumnado do colexio dende catro anos ata sexto de primaria asistimos ao Museo do Pobo Galego para visitalo e realizar distintas actividades. Os nenos e nenas de catro e cinco anos asistiron a actividade "Xogos Bailados", a través dun xogo de roda que leva asociado unhas cantigas os máis cativos achéganse ao museo. O alumnado de primeiro de educación primaria asistiron a actividade "Canta adiviña canta", a través de adiviñas, sons e cancións descobren os instrumentos tradicionais. Os de segundo de educación primaria asistiron a actividade " Da vara ao carabelo" , unha visita obradoiro onde o alumnado tivo contacto con saberes e técnicas do patrimonio náutico e pesqueiro. Terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria realizaron a actividade "Fraguando datos sobre D. Antonio", a través dun xogo, o alumnado coñeceu e descobreu máis en profundidade a figura de Fraguas e a relación co Museo do Pobo Galego.     

Se premedes na imaxe veredes o acontecido.

 

 

 

 

 

LECTURA NA CARBALLEIRA

 

Aproveitando o bo tempo da semana das Letras Galegas, fixemos a xa tradicional Lectura na Carballeira. O alumnado dos cursos superiores elixen libros para ler aos máis cativos do colexio. É unha actividade onde disfrutan da natureza e ao mesmo tempo comparten o seu libro favorito.

                                          

                              

                                                          

 

                                         

 

 

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA NA HORA DO RECREO

Hoxe na hora do recreo o alumnado de 5° improvisou un contacontos para o alumnado de 1°. Esta actividade xurdiu de forma espontánea e demostra as boas relacións e o bo clima que se respira na hora do recreo na nosa biblioteca. Deste xeito non só traballaron a expresión oral e a lectura senon que ademáis fomentan o uso da lingua galega. E como non hai maior exemplo que unha boa imaxe,....

 

Distribuir contido