Na Resolución do 5 de maio do 2020, dítanse as instrucións referidas ao restablecemento do procedemento de admisión de alumnado. O prazo abrangue do 11 ao 18 de maio (ambos incluídos), para o alumnado que se incorpora ao centro por primeira vez.
As solicitudes de admisión presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado», enderezo : https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Se teñen dificultades para acceder telematicamente poden entregar a solicitude no centro, coas seguintes recomendacións:
Horario: de 10:00 a 13:00.
Coa finalidade de garantir a seguridade de todos, establecerase un sistema de CITA PREVIA chamando ao teléfono 881 866 735
-É recomendable o uso de máscaras.
- Na entrada do centro disporán de xeles hidroalcólicos para desinfección
das mans antes e despois de seren atendidos.
- Eviten acudir acompañados/as, tanto de nenos/as como de adultos.
- Unha vez no recinto escolar deberán gardar a distancia de
seguridade (2 metros).
|
DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR NO CENTRO:
- Solicitude segundo o Anexo II.
- Copia do documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (DNI ou libro de familia).
- Copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
- No caso de solicitar unha praza para alumnado de NEAE, achegarase a documentación oportuna.
- Certificado oficial do expediente académico, de darse o caso.
Tedes toda a información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31003
COMPROBACIÓN DE DATOS;
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos, e os orixinais para cotexar.