Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Secretaría

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2022/2023

Posted in

ORDE DA CONVOCATORIA

 PRAZO:

 19/05/2022 - 22/06/2022

 

DESTINATARIOS:

- Alumnado de 1º e 2º Primaria: Axudas para adquisición de libros.

-Alumnado de 3º e 4º Primaria: Beneficiario do Fondo Solidario.

REQUISITOS:

       Renda per cápita familiar inferior ou igual a 10.000 €.

 

- Alumnado de Primaria: Axudas para adquirir material escolar.

REQUISITOS:

      Renda per cápita familiar inferior ou igual a 6000€.

      Ou discapacidade igual ou superior ao 65%. 

      Ou garda/tutela pola Xunta de Galicia. 

 

O alumnado que vaia cursar  5º e 6º de educación primaria no 2022-2023, está incluído no programa E-Dixgal, polo que non pode solicitar a axuda  para libros de texto, pero sí pode solicitar a axuda para material escolar.

 

FORMULARIO SOLICITUDE: AQUÍ

IMPORTANTE:

O anexo II da solicitude debe ser asinado por TODOS os membros da unidade familiar, agás o solicitante.No caso de menores de idade, este documento deberá ser asinado por un dos proxenitores, titor/a ou representante legal.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica:

A través da aplicación FONDOLIBROS

En SEDE ELECTRÓNICA


Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 

Horario de presentación no centro: de 9:30 a 11:30 e de 12:30 a 13:30 horas.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Solicitude (anexo I e anexo II debidamente asinados)

Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais, poderase aceptar:

- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
 
Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2020, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

NO CENTRO NON SE FAN FOTOCOPIAS.

TODA A INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA AQUÍ

 

 

 

Visita Virtual CEIP Plurilingüe Os Tilos

VISITA VIRTUAL CEIP PLURILINGÜE OS TILOS

ADMISIÓN CURSO 2022-2023

Posted in

INICIO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

01 ao 21 de marzo

NOTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS

1º. O alumnado só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 4º. No caso de separación ou divorcio dos proxenitores, a solicitude de admisión deberá ser asinada por ámbolos dous.

 5º. A solicitude de admisión pode tramitarse en liña no seguinte enderezo electrónico:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE DE ADMISIÓN

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

 d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

Máis información AQUÍ

Para a presentación na sede electrónica AQUÍ

Solicitude para descargar AQUÍ

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Posted in

O 08 DE MARZO, ÁS 16:30, CON CITA PREVIA.

Reserva no teléfono 881 866 736.

A visita será unicamente para nais/pais ou titoras/titores legais.

Na visita respectaranse as medidas de prevención e protección determinadas no Plan de Adaptación á situación COVID do centro.

 

Reserva de praza para o alumnado de 6º EP 2022-2023

Posted in

O alumnado de 6º de Educación Primaria que no curso 2022-2023 continúe estudos no IES A Pontepedriña ou IES de Cacheiras, deberá presentar o formulario de reserva de praza. O prazo para a presentación é do 11 de xaneiro ao 08 de febreiro.

A reserva pode presentarse na Sede Electrónica, ou na na secretaría do colexio.

Máis información nos enlaces:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35990

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria no curso 2021/22

Posted in

Xúntase a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras, no curso 2021/22

Orde DOG Venres, 12 de novembro de 2021 (xunta.gal)

ADMISIÓN CURSO ACADÉMICO 2021-2022

Posted in

ANUNCIO DO SORTEO PÚBLICO ANUAL DAS LETRAS DE PRIORIDADE PARA RESOLVER OS EMPATES NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO CURSO 2021/2022

Día: 25 de febreiro de 2021
Hora: 10:30 horas
Lugar: Salón de actos nº 2 da Vicepresidencia primeira e Consellería da Presidencia, Xustiza e Turismo.
Edificio Administrativo de San Caetano,
Santiago de Compostela

Prazo de solicitude de ADMISIÓN de alumnado

01 ao 22 de marzo

NOTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS

1º. O alumnado só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

4º. No caso de separación ou divorcio dos proxenitores, a solicitude de admisión deberá ser asinada por ámbolos dous.

 

5º. A solicitude de admisión pode tramitarse en liña no seguinte enderezo electrónico:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

Teñen toda a información na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e na Sede Electrónica

Consellería

 Sede Electrónica

 

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Posted in

Alumnado destinatario

1. Alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021. Este alumnado non terá que presentar unha nova solicitude.

2. Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS FONDOLIBROS PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2020-2021

Posted in

 

PUBLÍCANSE NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DA ENTRADA DO CENTRO, AS LISTAS DEFINITVAS COS LIBROS QUE LLE CORRESPONDEN AO ALUMNADO DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA QUE SOLICITOU FONDOLIBROS PARA O CURSO 2020-2021.

 

INFORMACIÓN VALES E FONDOLIBROS 2020-2021

Posted in

QUEDAN PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO AS LISTAS PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS NO FONDO LIBROS 2020-2021

O ALUMNADO DE 1º E 2º RECOLLERÁ NO CENTRO OS VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DENDE HOXE 2 DE XULLO ATA O 7 XULLO EN HORARIO DE 10:00 A 13:00.

O ALUMNADO DE 3º E 4º  RECOLLERÁ OS VALES DE MATERIAL ESCOLAR DENDE O 7 DE XULLO ATA O 8 DE XULLO EN HORARIO DE 10:00 A 13:00

O ALUMNADO DE 5º E 6º  RECOLLERÁ OS VALES DE MATERIAL ESCOLAR DENDE O 9 DE XULLO ATA O 10 DE XULLO EN HORARIO DE 10:00 A 13:00

 

Distribuir contido