25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis no colexio dos Tilos, atendemos ao chamamento das Nacións Unidas para conmemorar o 25-N como Día Internacional contra a violencia de xénero. O alumnado ao longo do mes de novembro, preparou a canción de Guadi Galego chamada "Matriarcas".  O obxectivo da actividade é, que a través da música e da letra desta canción, as nenas e os nenos dende idades temperás, tomen en consideración a importancia de loitar pola igualdade e a liberdade de todas as mulleres do mundo. 

 
 
 
O martes 22, visitounnos a caravana lila do Concello de Teo. O alumnado do centro, participou en distintas actividades destinadas a concienciar sobre a igualdade. Agasallaron aos nenos e as nenas participantes cunha pulseira lila.
 

RAP 25-N

As nenas e os nenos de quinto de educación primaria, compuxeron un rap en favor da loita en contra da violencia de xénero.

XORNADA OBRAABERTO

O Monbus Obradoiro celebra as xornadas "Obraaberto", para conmemorar o Día das Letras Galegas. O club picheleiro invitou a máis de 2.000 escolares de distintos colexios de Santiago e arredores. Foi unha xornada de diversión e promoción da lingua galega. O alumnado desfrutou da presenza dos xogadores e adestradores. Asemade participaron en diversos xogos relacionados co deporte: un KO e tamén coa lingua galega: xogo das Letras Galegas.

             

Recomendacións lectoras

O alumnado de sexto gravou un podcast sobre recomendacións lectoras. 

Esperamos que vos guste.

 

 

 

Asistencia a Regueifesta

En colaboración co departamento de Dinamiación Lingüística do Concello de Teo, o alumnado de sexto, asistiu ao Auditorio de Galicia á festa das regueifas: A Regueifesta. Trátase dunha actividade didáctica impulsada polos proxectos Enreguéifate e Regueifesta que procura a participación da comunidade escolar na difusión da regueifa e da improvisación oral en verso. No encontro, interviron rapazas e rapaces que participaron no concurso, así como alumnado de Euskadi e de Catalunya, que improvisaron ao xeito do bertsolarismo e da glosa. Dinamizaron o acto Sechu Sende, Manolo Maseda, Lupe Blanco e Olalla Liñares.

O alumnado desfrutou dunha mañá moi enriquecedora para a nosa lingua.

 

 

VISITA DA ESCRITORA ROSA ANEIROS

O alumnado de quinto de educación primaria, no segundo trimestre do curso leron o libro "Catro plumas de dinosaurio" da escritora Rosa Aneiros. O martes 28 de febreiro, a escritora visitou o colexio. Rosa Aneiros é xornalista e investigadora da Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Colaboradora habitual en distintos medios de comunicación impresos e dixitais. O alumnado desfrutou dunha fructuosa e interesante charla. Rosa explicoulles a orixe do libro, a causa da temática, asemade asinoulles os libros.

Grazas Rosa Aneiros!

Concurso logo e nome da radio escolar

O alumnado do colexio participou na elaboración do logo e do nome para a nosa radio. En primeiro lugar, nas aulas debuxaron os logos e propuxéronse os nomes. Cada aula elixiu un debuxo e un nome; para finalizar votouse unha das propostas.

E aquí vos presentamos o logo que nos vai a acompañar con nome da radio: TILANDRA NAS ONDAS!

A autora é: Lilian Nairoby Quirós Blanco.

Noraboa Lili!

 

3, 2, 1 .... ARRANCA A RADIO ESCOLAR!

Neste curso 2022/2023. no CEIP Os Tilos iniciamos o proxecto de Radio na Biblio, no marco da Biblioteca Escolar, como se recolle na Resolución da  convocatoria da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), do proxecto “Radio na biblio”, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros que matriculan alumnado de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2022/2023.

Os principais obxectivos que se perseguen son:

- Estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca cara a “centros creativos de aprendizaxes” e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio no contexto destas bibliotecas escolares co fin de favorecer proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado.

- Búscase, así mesmo, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresiónoral, a alfabetización  múltiple  e o traballo colaborativo.

VISITA DA ASOCIACIÓN: A MÁMOA DE LUOU

O venres 13, viñeron ao cole Andrea Feros, Sara Pardo e Manuel Pardo, integrantes da asociación cultural A Mámoa de Luou. As nenas e nenos de cuarto e quinto de Ed. Primaria, puideron ver e escoitar os principais instrumentos do folclore tradicional, así como os ritmos caracerísticos da nosa música: muiñeira, xota, pasodobre, polka... Asemade coñeceron como se baila nas foliadas.

Agradecemos a colaboración da asociación, que de forma desinteresada non fixo desfrutar e aprender un pouco máis da nosa cultura e da nosa música.

 

 

FESTA DE NADAL

Para rematar o primeiro trimestre do curso, celebramos unha festa de Nadal. O alumnado de Ed. infantil e 1º de Ed. Primaria desfrutaron dun espectáculo de títeres: "O Nadal na Fraga" de Títeres Cascanueces e os cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria cantaron e bailaron coa discoteca móbil Animus.

 

Powered by Drupal - Design by artinet