Abril 2019

CONTACONTOS IAGO LÓPEZ

Hoxe visitounos o autor Iago López que nos contou o seu libro "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Disfrutamos moitísimo desta actividade, e a Iago gustoulle o noso cartel do Día do Libro, será polo guapo que sae o cociñeiro Martiño.

Se seleccionas a imaxe para ver todas as fotos da xornada.

 

 

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Como cada curso celebramos o 23 de abril, Día do Libro coa "Lectura na carballeira". Por mor da choiva aprazamos a actividade a espera do bo tempo. Proseguimos coas actividades programadas para a semana recibindo ao autor Iago López que amosará o seu libro "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas".  Para preparar o cartel conmemorarivo do Día, os e as axudantes da Biblioteca, basearon o seu traballo no cociñeiro Martiño. Velaquí o resultado.

 

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O alumnado de sexto de primaria participou no Obradoiro de Regueifas, en colaboración co Concello de Teo. Actividade impartida por dúas regueifeiras:

Alba María: cantora, compositora e regueifeira galega. Alén de realizar actuacións e ofrecer obradoiros, vaise asentando no eido da improvisación, sendo unha das poucas voces femininas e introducindo novos temas como o discurso de xénero na arte da regueifa. No 2017 publicou o seu primeiro libro Regueifa en Bergantiños.

Sara Marchena: titulada en Lingua e Literatura Galegas, comezou a súa relación coa regueifa da man de Pinto de Herbón e Caruncho. Dende o ano 2017 imparte obradoiros de Regueifa con especial atención a Regueifa Feminista ou a perspectiva de xénero dentro do galego.

Grazas polo voso traballo !

 

 

 

LUIS SEOANE

O 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, unha celebración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes. Luis Seoane é o pintor homenaxeado no ano 2019. O alumnado de 2º E.P. estudou e traballou o cadro "As mariscadoras". Velaquí o resultado.

 

Powered by Drupal - Design by artinet