Inicio
Día Universal da Infancia
A Convención dos Dereitos do Neno é un conxunto de normas acordadas que deben respectar todos os países que a asinaron e ratificaron.
Esta Convención foi adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989. Os seus artigos propoñen novos achegamentos aos contidos na Declaración dos Dereitos do Neno de 1959. E fundamentalmente avanza no aspecto xurídico, ao facer aos Estados asinantes "xuridicamente" responsables do seu cumprimento.
Nesta mesma data, xa en 1959, a Asemblea Xeral, resolución 836 (IX), recomendou que se instituiría en todos os países un día universal do neno, no que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos do mundo enteiro, e destinaríase a actividades propias para promover o benestar dos nenos do mundo.
E neste mesmo ano, en 20 de novembro, aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal do Neno.
Excursión a Taramundi
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »