Inicio

Obradoiros de Climántica

 

 

 

   

Coa finalidade de apoiar aos centros educativos na incorporación ao currículo de metodoloxías participativas de Educación Ambiental, Climántica ven a desenvolver durante este curso obradoiros nos centros educativos que o soliciten.

Todos os centros galegos interesados en que Climántica desenvolva nas súas escolas estas propostas participativas, poden solicitalas de acordo coas indicacións que se enumeran nos dípticos sobre os obradoiros de Primaria, para o que deben descargar a ficha ao disco duro, cubrila e enviala como documento adxunto a climantica@climantica.org.

Historias dunha árbore milenaria


O mércores, 2 de decembro, os alumnos do 1º e 2º ciclo de E.P. irán a Lugo ao Auditorio Gustavo Freire para asistir á representación do montaxe ‘Historias dunha árbore milenaria’, da compañía Entresòl Entertaiment.

A obra conta a historia dun leñador moi ambicioso e da última árbore que lle queda por cortar. A árbore faralle entender, a través de contos e fábulas, a importancia do bosque, dos animais, da terra, da auga e, sobre todo, do respecto pola vida. A partir de aquí nace a amizade e a fantasía. O mundo no que vivimos está ameazado polas condutas, a miúdo irresponsables, do ser humano. A natureza quéixase constantemente das agresións que debe soportar e é preciso que apreciemos a natureza e teñamos especial coidado en conservala.

"Historias dunha árbore milenaria" quere dar a coñecer aos nenos e nenas a realidade na que vivimos e sensibilizalos no problema da deforestación. Un espectáculo que pretende transmitir unha mensaxe conciliadora, coa intención de transmitir aos máis pequenos que eles son parte da solución e alentalos para que se comprometan activamente na conservación dos bosques, dándolles exemplos de todo aquilo que poden facer individualmente para contribuír.

Trátase dunha proposta escénica divertida e variada que emprega diversas técnicas (música, cancións, luz negra, monicreques e sombras chinesas), unha vistosa escenografía e unha linguaxe rica, á vez que sinxelo, para que os nenos aprendan a necesidade de respectar o que nos rodea e de facer caso da voz da experiencia.

A obra compleméntase cunha unidade didáctica que está a disposición do profesorado na web de Caixanova, e que foi confeccionada para un maior aproveitamento da actividade e para conseguir o obxectivo didáctico que se pretende.

Distribuir contido