Inicio

Visita ao Museo Villapol

O pasado 13 de marzo os alumnos de Primaria acercámonos a Bretoña para visitar o museo pedagóxico-etnográfico Villapol. O museo está emplazado na que fora a primeira escola da parroquia e no que Fernando Villapol, con moito esforzo e gran dedicación foi pouco a pouco reunindo dende esculturas, pinturas, fotografías, apeiros de labranza, documentos, ferramentas de oficios da Galiza rural coma panadeiro, cesteiro, carpinteiro, zoqueiro ou agricultor ata unha das maiores coleccións de botellas de gaseosa e sifóns.
 
Unha vez rematada a visita ao museo o escultor Fernando Villapol tivo a ben invitarnos a súa casa, na que ten o seu taller e no que nos mostrou no que estaba a traballar agora. Despois acompañounos ata a Praza do pobo  na que se erixe unha das súas obras, unha fonte de granito duns 6 m de altura, coronada polo príncipe bretón Maeloc que se converteu en bispo no II Concilio de Braga e, no que se representan as dúas facetas desempeñadas na súa vida, a de guerreiro e a de relixioso. Na parte inferior da fonte podemos ver tamén unha gran píntega, anfibio galego por excelencia e que simboliza a supervivencia como animal capaz de superar calquera tempestade.
 
Sobre Maeloc hai unha interesante tradición popular que conta que chegou ás costas do norte de Galiza ao fronte das xentes bretonas que fuxían da persecución anglosaxona aló polos séculos V-VI d. C. Maeloc e os seus fundaron unha sé bispal na actual Bretoña. Cóntase que no monte Cornería, o cume máis alto desta zona da Mariña lucense, localizado en Celeiro de Mariñaos, concello de Barreiros (Lugo) ten que estar soterrado a moitos metros de profundidade un baúl de ouro macizo que contén un diamante azul que fora propiedade de Maeloc. Quen acade este fabuloso tesouro, ademais do valor inmenso do que atopa, gozará de poderes case ilimitados.
 
Dende aquí queremos dar as grazas a Fernando Villapol pola súa amabilidade, hospitalidade e por darnos a oportunidade de compartir con el un tempo de gran valor didáctico.
 
Para máis información sobre o escultor Fernando Villapol ou o seu museo pedagóxico-etnográfico pódese visitar a súa web www.fernandovillapol.com

Día da Paz en imaxes

 


Podes seguir vendo máis fotos na nosa Galería de Imaxes:

 

Distribuir contido