Excursión a Taramundi

O 25 de xuño fumos de excursión a Taramundi os alumnos do 2º e 3º ciclo de Primaria. A visita ao conxunto etnográfico de "Os Teixois" despertou gran interese en todos nós. Nesta aldea puidemos observar toda unha serie de mecanismos, ideados fai centos de anos, para aproveitar a forza da auga con distintos fins. Están en moi bon estado polo que puidemos velos en funcionamento acompañados do responsable do conxunto que nos foi explicando todos e cada un dos enxeños hidráulicos que alí hai. Pódense ver as fotografías desta excursión na galería de imaxes.