CAMPAMENTOS DE VERÁN APAMP

 

¡¡Vuelve el campamento de verano más mólón de Vigo al #CAIApamp y abrimos plazo de inscripción ¡¡no os quedéis sin vuestra plaza!!

Si queréis solicitar plaza pinchad en el siguiente documento:

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO:

 

 

COMEDOR ESCOLAR:

TODAS AQUELAS FAMILIAS DE NOVA ADMISIÓN QUE SOLICITARON PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR DEBERÁN ENCHER O FORMULARIO DE ADSCRIPCIÓN A ANPA, ASÍ COMO O FORMULARIO DO COMEDOR E A AUTORIZACIÓN DE RECOLLIDA, ADEMÁIS DE PAGAR A CUANTÍA CORRESPONDENTE (a cuantía, o número de conta onde facer o ingreso  e o número de teléfono ou  e-mail onde enviar o xustificante de pago no formulario de adscripción) --- DATA TOPE DE ENTREGA 1 DE XUÑO

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipopombal/taxonomy/term/65

 

AULA MATINAL:

TODAS AQUELAS FAMILIAS INTERESADAS NA AULA MATINAL DEBERÁN  POÑERSE EN CONTACTO COA ANPA A TRAVÉS DUNHA MENSAXE ESCRITA POR WHATSAPP NO NÚMERO DE TELÉFONO 652544971 . LEMBRADE QUE PARA O USO DE ESTE SERVIZO E PRECISO SER SOCIO DA ANPA.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipopombal/taxonomy/term/67 

 

IMPRESOS SOLICITUDE ANPA:

Podedes vir buscalos ao centro ou imprimilos na seguinte ligazón, recordade que para o comedor son un total de tres impresos.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipopombal/taxonomy/term/69

 

 

BECAS COMEDOR, MATERIAL ESCOLAR E FONDO LIBROS:

Estade atentos as próximas publicacións da web do cole (sairán próximamente)

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA  EN SECRETARIA         ( 20- 28 XUÑO):

ENTREGA DO ANEXO III-1 e 2 FOTOS DE CARNÉ

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIFICAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2024-2025

Están convocadas as axudas para alumnado con NEAE para o vindeiro curso. Poderedes solicitalas a partires do 30 de abril. Para máis información premede na imaxe.

 

 

I CERTAME LITERARIO DAS LETRAS GALEGAS

O CEIP Plurilingüe O Pombal organiza o Certame Literario das Letras Galegas para conmemorar esta importante data para a nosa cultura.

 

Haberá unha categoría infantil para o alumnado do centro e outra categoría adulta para familiares do alumnado. 

 

Tedes as bases da convocatoria no BLOG DO EDLG: 

https://medrandocoanosalingua.blogspot.com/2024/04/certame-literario-do-ceip-pl-o-pombal.html

 

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

AVALIA: Avaliación de diagnóstico.

En cumprimento coa nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º curso de educación primaria e 2º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.


Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf



PLAN ESTRATÉXICO DE MELLORA

 

 

Estimadas familias, dende o centro estamos elaborando o PLAN ESTRATÉXICO DE MELLORA DOS CENTROS PROA+ DE GALICIA, polo que precisamos que cubrades este Cuestionario.

 

Este cuestionario é anónimo. A data tope para entregalo é o 1 de abril. Grazas pola vosa colaboración.

 

 

ADMISIÓN NOVAS E PREVISIÓN DE VACANTES

 

VEN A COÑECER O NOSO COLE

Entroido 2024

 

Estamos rematando a semana da PAZ e xa nos metemos de cheo no entroido.

Botádelle unha ollada aos mandatos do meco, que este ano está moi viaxeiro.

 

SEMANA DA PAZ

A vindeira semana témola chea de movemento, queredes participar e coñecelos?

 

Comezaremos a semana dando ou recibindo apertas de forma voluntaria. 

 O martes temos un gran acontecemento musical da man de UXÍA, a nova madriña da aula de música que nos deleitará cunha gran actuación. Estamos moi ilusionadas e ilusionados!!! e invitámosvos a coñécela un pouco máis e a escoitar algunha das súas cancións no blog do equipo de dinamización da lingua galega. (pinchade na foto de Uxía para acceder directamente).

 

O mércores correremos pola paz coa  III  Edición MARCHA  SOLIDARIA : CORRENDO POLA IGUALDADE 2023-24  en favor de

DisCamino

 

DisCamino é un proxecto que naceu para unir discapacidade e Camiño de Santiago, axudando a persoas con discapacidade a cumprir o seu soño de chegar a Santiago.

Participando na MARCHA SOLIDARIA, estás axudando a pagar o  material,  os desprazamentos, manutención nos roteiros, aloxamentos… e por outra parte loitar contra a exclusión social.

Animádevos a ser patrocinadores!!!

 

Vémonos na carreira que terá lugar o 31 de xaneiro as 12.15h.

 

E para rematar a semana teremos que facturar unhas maletas viaxeiras. Estades preparados e preparadas para que as nosas mensaxes de paz cheguen moi, moi lonxe?. (Recibiredes instrucións nos vindeiros días) 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet