SEMANA DA PAZ

A vindeira semana témola chea de movemento, queredes participar e coñecelos?

 

Comezaremos a semana dando ou recibindo apertas de forma voluntaria. 

 O martes temos un gran acontecemento musical da man de UXÍA, a nova madriña da aula de música que nos deleitará cunha gran actuación. Estamos moi ilusionadas e ilusionados!!! e invitámosvos a coñécela un pouco máis e a escoitar algunha das súas cancións no blog do equipo de dinamización da lingua galega. (pinchade na foto de Uxía para acceder directamente).

 

O mércores correremos pola paz coa  III  Edición MARCHA  SOLIDARIA : CORRENDO POLA IGUALDADE 2023-24  en favor de

DisCamino

 

DisCamino é un proxecto que naceu para unir discapacidade e Camiño de Santiago, axudando a persoas con discapacidade a cumprir o seu soño de chegar a Santiago.

Participando na MARCHA SOLIDARIA, estás axudando a pagar o  material,  os desprazamentos, manutención nos roteiros, aloxamentos… e por outra parte loitar contra a exclusión social.

Animádevos a ser patrocinadores!!!

 

Vémonos na carreira que terá lugar o 31 de xaneiro as 12.15h.

 

E para rematar a semana teremos que facturar unhas maletas viaxeiras. Estades preparados e preparadas para que as nosas mensaxes de paz cheguen moi, moi lonxe?. (Recibiredes instrucións nos vindeiros días) 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet