Localización

O NOSO CENTRO

 

O noso colexio atópase no lugar de Seixo, parroquia de Lavadores, entre as rúas do Pombal e a de Ramón Nieto.

A rúa do Pombal e a que da acceso ao Centro tanto pola súa entrada principal dende o primeiro tramo da rúa Ramón Nieto e circunda o colexio ata a entrada traseira do Edificio de pedra. Está adornada por unha plantación de plátanos por toda a rúa e continúan dentro do recinto escolar, conservándose todavía a gran maioría.

A zona que en principio era unha ampla zona rural pasou a convertirse nun barrio obreiro da cidade de Vigo, co seu centro vital no barrio do Calvario, cando se incorporaron as rúas do novo barrio da Doblada e a rúa Jenaro de la Fuente.

Esto supuxo a ampliación da súa zona escolar e polo tanto a ampliación do Centro.

Está situado nunha zona cunha vida asociativa moi dinámica, destacando os seus servizos culturais e deportivos:

  • Ludoteca de Lavadores: na Asociación de Veciños de Lavadores na rúa Ramón Nieto.
  • Pavillón polideportivo do Calvario: en Lavadores.
  • Ludoteca na rúa Sagunto.
  • Piscina municipal de Lavadores.
  • Biblioteca de Caixanova
  • Biblioteca Neira Vilas en Martínez Garrido

 

Invitámosvos a dar un paseo polos principais espazos e instalacións do noso centro escolar

Powered by Drupal - Design by artinet