FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

  • Xa podedes consultar as listaxes provisionais de adxudicación dos libros de texto do fondo solidario no taboleiro de anuncios do centro e a través da aplicación fondolibros: 

  • https://www.edu.xunta.gal/fondolibros.

  • - As LISTAXES DEFINITIVAS  e a ENTREGA DE VALES a partir do mércores 13 de xullo en horario de 9:30 a 13:30.

  • En caso de que non poida vir a persoa solicitante da axuda, poderá recollelo outra persoa traendo unha autorización na que figure o DNI da persoa solicitante e da persoa autorizada, así como o nome do alumno/a.

  •  
  • - Os libros entregaranse cando empecen as clases.

AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Xa está aberto o prazo para solicitar axudas para libros e material escolar para o alumnado de Primaria para vindeiro curso 2022-23.

Para máis información premede na imaxe seguinte.

 

 

 

PATIOS DINÁMICOS

ESTA SEMANA RETOMAMOS OS XOGOS TRADICIONAIS NO PATIO. 

 REALIZAMOLOS NA PISTA POLIDEPORTIVA.

UN ÉXITO ENTRE O ALUMNADO.

VOLVENDO  POUCO A POUCO A NOSA NORMALIDADE!!!

 

              

DÍA NON LECTIVO

ÚLTIMAS SAÍDAS

O alumnado de 6º de Primaria participou no  programa do Concello de Vigo "Unha xanela aberta á ría de Vigo".

Realizamos unha viaxe en barco pola ría para explorar a riqueza biolóxica guiados por un equipo de monitores especializados no barco oceanográfico “Nautilus” especialmente preparado para a divulgación e interpretación do medio mariño, dotado con medios tecnolóxicos avanzados como o robot submarino “Nemo” que permite observar a riqueza do fondo mariño. 

Aquí tedes o vídeo do día.

   

      

ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXES DEFINITIVAS

DIRECTRICES SOBRE USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO

Onte a Dirección Xeral de Saúde Publica publicou as " Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo" que podedes consultar no seguinte documento.

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/23

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. 8 DE MARZO

O CEIP Plurilingüe O Pombal conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa, en pé da igualdade.

A igualdade de xénero implica que todas as persoas, homes e mulleres, deben recibir os mesmos dereitos, beneficios, igualdade de oportunidades, mesmas sentenzas e ser tratadas co mesmo respecto en todos os aspectos da vida cotiá: traballo, saúde, educación.

 

CELEBRANDO O ENTROIDO 2022

 MIRADE QUE BEN O PASAMOS!!!!!

           

Powered by Drupal - Design by artinet