AS ORDES DO MECO

 

PAZ 2022

HOXE NO COLE CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR DA PAZ

DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA DE TODOS OS TRABALLOS REALIZADOS DURANTE TODA A SEMANA POLOS NENOS E NENAS DO POMBAL

 

E TAMÉN O ALUMNADO DEIXOU AS SÚAS  PEGADAS POLA PAZ NO NOSO CAMIÑO DE SANTIAGO POMBALEIRO.

 

 

PREGUNTAS FRECUENTES

Estimadas familias,

para dar resposta as dúbidas máis frecuentes que se dan con motivo das novas medidas implantadas nas escolas en xaneiro e sobre o xeito de actuar ante novos casos de Covid-19, deixamos unha relación das dúbidas principais que vos poden xurdir.

ADAPTACIÓN DAS MEDIDAS

DE PREVENCIÓN DA COVID-19

EN CENTROS EDUCATIVOS

XANEIRO 2022

PREGUNTAS FRECUENTES

PORTAS ABERTAS FEBREIRO 2022

                          

 

Un ano máis invitámosvos  a xornada de portas abertas do CEIP Plurinlingüe O Pombal.

Podedes vir a coñecernos o martes 22, mércores 23 ou xoves 24 de febreiro as 16.30h. solicitando cita previa a través do noso teléfono: 886120088

ou a través do noso correo electrónico : ceip.opombal@edu.xunta.gal

 

 

COMUNICACIÓN FAMILIAS

 

Estimadas familias:

Informámosvos que no novo protocolo educativo, os casos positivos entre o alumnado menor de 12 anos, non xerarán contactos estreitos na aula. Deste xeito ningunha compañeira ou compañeiro gardará coarentena (salvo casos excepcionais: inmunodepresión..).

O centro enviará unha comunicación a través de ABALAR, informando do caso positivo e recomendando a vixiancia na posible aparición de síntomas, extremar as medidas de  precaución.

Ademais disto, o SERGAS ven de enviar aos centros, un número limitado (25% do alumnado de Educación Primaria) de test rápidos de antíxenos en saliva, para repartilos entre os  contactos (aulas, comedor), e que cumpra estes requisitos:

  • Alumnado de Educación Primaria (6 a 11 anos). 
  • Non atoparse en situación de illamento por ser caso confirmado de COVID-19.
  • Non atoparse en situación de corentena por ser contacto estreito dun caso confirmado.
  • No ter padecido COVID-19 nos tres meses anteriores.

 

 

Para poder repartir o test entre os contactos máis próximos , o caso positivo ten que estar cargado pola CENTRAL DE SEGUIMENTO DE CONTACTOS en EDUCOVID ( a aplicación que rexistra os casos positivos que se dan entre o alumnado e o profesorado do centro). A CSC só pode cargar os casos dos que ten comunicación oficial, é dicir que cando as vosas fillas ou fillos den positivo nun autotest feito na casa, tedes que comunicalo:

  • Chamada telefónica ao 881 54 00 45
  • Cubrir o formulario na web do sergas neste enlace:

      https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

 

 

A realización destes test é voluntaria e tedes as instrucións de uso no documento

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-COVID-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_cribado_antixeno_educacion.pdf

pax 6-9

 

Moitas grazas pola vosa colaboración

VOLTA SEGURA ÁS AULAS

 

Queridas familias:

Ante a nova situación no número de contaxios durante estas vacacións e sabendo que vai repercutir na nosa escola, queremos lembrar as medidas, que xa estabamos tomando, para unha volta á clase segura.

É preciso que todo o alumnado traia o seu kit covid (máscara de reposto, xel hidroalcólico…) e faga o cambio de máscara cando sexa preciso.

Se hai síntomas compatibles, non asistir á escola ata cerciorarse que esa síntomatoloxía non é a da nova variante Ómicron que se confunde con outras enfermidades.

Lembrade que dende o venres 7 de xaneiro, o alumnado de entre cinco a once anos ten dereito a un test de antíxenos gratuito por parte do Sergas que vos pode axudar neste momento de volta á clase.

A vosa colaboración é fundamental para que o noso colexio siga sendo un espazo seguro para as vosas fillas e fillos.

Un saúdo e boa volta ás clases.

O Equipo directivo.

FESTA DE FIN DE ANO

Como xa ven sendo tradicional, o último día de cole, o alumnado e profesorado do POMBAL celebra fin de ano. Nesta ocasión a festa  sorprenderá a maiores e máis pequenos... Teremos  música, panxoliñas, badaladas... e moita alegría e ilusión. Por cada badalada un lacasito ... Que ricooooo!!

Este ano...                 Toque especial .....  

 


Premede na imaxe  e comecemos a FESTA !!


TATATACHANNNN!!!
 
 
 

FELICITACIÓN NADAL

DECORACIÓN DE NADAL

A NOSA DECORACIÓN DE NADAL.

MIRADE QUE BONITA!!!

 

MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS OS COLABORADORES

FESTA INAGURACIÓN

DEIXÁMOSVOS UN PEQUENO VÍDEO DA FESTA.

PODEDES VER MÁIS FOTOS E VÍDEOS NOS BLOGS DE AULA. 

Powered by Drupal - Design by artinet