Comedor

COMEDOR

 

Para disfrutar deste servizo é preciso ser socio da ANPA.

Para ser socios da ANPA a cuota é de 20 € por familia/ano que se paga no momento da preinscripción no comedor para o seguinte curso escolar que soe ser no mes de maio.

A conta de ingreso para os socios da ANPA O POMBAL É:

ES16 0182 1795 4802 0156 2839

En "concepto" deberá aparecer o nome do/s neno/s ou nena/s ou nena inscrito/s.

 

O servizo de comedor escolar desenvolverase entre os meses de setembro a xuño, dende o primeiro día de clase ata o último. Agás o alumnado de 3 anos, que comezará en outubro.

 

O horario de comedor será: de 14:00 a 16:00 horas.

Poderase recoller o alumnado ás 15:30 horas en primeira recollida (portalón de Ramón Nieto) e de 15:45 a 15:55 horas en segunda recollida (portalón de Ramón Nieto ou portalón do Camiño Pombal).

 

O alumnado que non disfrute de beca de comedor do Concello deberá aboar a cuota mensual entre os días 1 e 5 de cada mes.

A conta de ingreso do servizo do comedor é a seguinte:

BBVA ES16 0182 1795 4802 0156 2839

En "concepto" deberá aparecer o nome do neno ou nena e o mes que se aboa.

A falta de aboamento implica a perda da praza do comedor.

 

PREZOS DO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023/2024
Fixos (5 días / semana) 81 €/mes
Fixos (4 días/semana) 67,50 €/mes
Fixos ( 3 días/semana) 53,50 €/mes
Fixos ( 2 días/semana) 36,50 €/mes
   
   

 

Debe comunicarse a non asistencia ao comedor, nos teléfono 886 12 00 87 / 886 12 00 88 ou no WhatsApp da ANPA 652 54 49 71, antes das 9:15 horas.

Tamén se comunicará nestes mesmos teléfonos se o neno ou nena precisa unha dieta especial por motivo de saúde.

As baixas definitivas ou ausencias prolongadas deberán ser comunicadas por escrito no correo ou WhatsApp da ANPA.

Se recolle ao alumnado do comedor unha persoa diferente das autorizadas na folla de recollida do comedor deberán comunicarse os datos da mesma con anterioridade ao WhatsApp da ANPA no teléfono 652 54 49 71.

 

Para calquera información relacionada co comedor tedes á vosa disposición o teléfono da ANPA(WhatsApp): 652 54 49 71  e a dirección do correo electrónico: anpa.opombal@gmail.com

 

Premendo no arquivo adxunto podedes descargar e consultar as normas do comedor:

 

NORMAS BÁSICAS DO SERVIZO DO COMEDOR

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet