Dependencias

DEPENDENCIAS DO CENTRO

 

O C.E.I.P. PLURILINGÜE O POMBAL é unha escola pública.

O noso colexio, debido á súa estrutura en dous edificios con tres plantas cada un deles, conta con amplos e luminosos espazos.

Contamos tamén cun ximnasio, unha pista polideportiva, unha coidada biblioteca que forma parte do PLAMBE, un patio para Educación Infantil, espazos de ocio para Educación Primaria, un circuito vial, un pequeno horto no que gozan plantando e coidadando as súas plantacións todo o alumnado, cando o tempo o permite, e varias zonas verdes.

No edificio principal están as aulas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria, aulas dos especialistas (inglés, música, Pedagoxía Terapéutica (PT), relixión), biblioteca, aula TIC, despachos de dirección, orientación e secretaria e o local da ANPA. Neste edificio atópase tamén o comedor onde poden xantar uns 300 nenos e nenas e facer actividades relacionadas coa comida e a cociña, e o ximnasio cos seus vestuarios.

No edificio de pedra están as aulas de Educación Infantil, 5º e 6º de Primaria, a aula de Psicomotricidade e diversas aulas de Audición e Linguaxe (AL) e Pedagoxía Terapéutica.

Todas as dependencias do Centro contan con conexión a Internet. Todas as aulas contan con ordenadores e unha pantalla dixital ou pizarra dixital.

Escolarizamos ao alumnado dende os tres ata os doce anos, onde remata a etapa da Educación Primaria.

Contamos con profesorado especialista nas distintas materias, Lingua Inglesa, Educación Musical, Educación Física, Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica e un Departamento de Orientación para tratar os problemas que poidan aparecer.

O Centro conta tamén cun servizo de acollida matinal, servizo de comedor e diversas actividades extraescolares xestionados todos estes servizos pola ANPA do colexio.

O Claustro de profesorado está moi implicado á hora de crear un clima agradable para o noso alumnado que favoreza o desenvolvemento da súa personalidade sen abandonar as normas que deben existir na comunidade educativa

  • integradora
  • participativa e aberta
  • formadora en valores
  • solidaria

A relación coas familias é fluida facilitando o proceso de aprendizaxe e a relación de todo o alumnado.

Realízanse tamén saídas a diferentes puntos de interese, actividades que consideramos importantes para a formación integral do alumnado destas idades.

En resumo, traballamos dentro do Proxecto Educativo do Centro para que o noso alumnado saia moi ben formado tanto en coñecementos como en valores e preparados para comezar a súa nova etapa na Educación Secundaria.

A efectos de Secundaria o noso Centro está adscrito ao IES CASTELAO.

Powered by Drupal - Design by artinet