FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Xa está aberto o prazo de solicitude das axudas da Xunta de Galicia para libros e material escolar do
alumnado de Primaria para o curso 2023-24.
Para máis información premede na imaxe seguinte.
ORDES DO MECO.
COMEZAMOS A SEMÁN DO ENTROIDO!!!!
INAGURAMOS O NADAL NO POMBAL
POR FIN CHEGOU O DÍA!!!!
HOXE INAGURAMOS O NADAL NO POMBAL!!!!
O ENCENDIDO DAS LUCES, BAILES, COREOGRAFÍAS, PERCUSIÓN CORPORAL.......
ESPERÁMOSVOS ÁS 11.30 E 12.00
MAGOSTO 2022
O pasado venres 18 de novembro celebramos a tadicional festa do MAGOSTO no cole, foi unha xornada moi divertida.
Comezamos pola mañá con xogos tradicionais prestados pola Concellaría de Xuventude do Concello do Grove.
O alumnado foi baixando a pista polideportiva por turnos e agrupados por niveis para xogar con éstes magníficos xogos.
Os encargados/as de organizar, preparar e axudar aos máis pequenos/as cos xogos tradicionais, foron os alumnos e alumnas de 6º de Primaria, sendo unha experiencia moi enriquecedora para todos e todas.
Unha vez rematados os xogos, deleitámonos coas castañas que nesta ocasión foron asadas por Fiz Axeitos da asociación do Casco Vello.
Como ven sendo habitual, cantamos unha canción dirixida pola nosa mestra de música, titulada "Chouta".
E ademáis contamos con música tradicional en directo que acompañounos durante unha parte da xornada e que amenizou a festa.
Foi un pracer poder compartir esta xornada de convivencia e
moitas gracias a todos e todas pola vosa colaboración e en especial ao alumnado de 6º pola súa
implicación!!!