Magosto

MAGOSTO 2022

O pasado venres 18 de novembro celebramos  a tadicional festa do MAGOSTO no cole, foi unha xornada moi divertida.

Comezamos pola mañá con xogos tradicionais prestados pola Concellaría de Xuventude do Concello do Grove.

O alumnado foi baixando a pista polideportiva por turnos e agrupados por niveis para  xogar con éstes magníficos xogos.

Os  encargados/as de organizar, preparar e axudar aos máis pequenos/as cos xogos tradicionais, foron os alumnos e alumnas de 6º de Primaria, sendo unha experiencia moi enriquecedora para todos e todas.

Unha vez rematos os xogos, deleitámonos coas castañas que nesta ocasión foros asadas por Fiz Axeitos da asociación do Casco Vello.

Como ven sendo habitual, cantamos unha canción dirixida pola nosa mestra de música.

E ademáis contamos con música en directo dun par de gaiteiros que amenizaron a festa.

 

Foi un pracer poder compartir esta xornada de convivencia e 

moitas gracias a todos e todas pola vosa colaboración e en especial ao alumnado de 6º pola súa

implicación!!!   

MAGOSTO 2021

Hoxe, venres 12 de novembro celebramos o tradicional magosto.

O alumando e profesorado saboreamos as castañas asadas e escoitamos o grupo Folk formado por mestres do centro que amenizou a xornada.

 

O MAGOSTO 2019

 

O MAGOSTO 2019

O mes de novembro é tempo de castañas e no noso colexio todo o alumnado participa desta festa tradicional a través de diversos xogos.

. En Infantil o noso alumnado participa en xogos que teñen como protagonista a castaña.

. En Primaria fórmanse diversos equipos nos que se mesturan nenos e nenas de distintos niveis para participar en diversos xogos tradicionais.

O remate sempre é o mesmo: todos e todas pasamos un bo rato nos diferentes xogos e rematamos cantando a canción deste ano e degustando as castañas asadas, como manda a tradición.

 

Pronto poderedes ver unha reportaxe fotográfica desta festa.

 

   
 
 
 
 
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet