HOXE. GRAN INAGURACIÓN

HOXE VENRES 3 DE DECEMBRO

O GRAN ENCENDIDO DE LUCES NO POMBAL.

O ALUMNADO DO COLE FARÁ A INAGURACIÓN DAS LUCES

DA NOSA ÁRBORE NO RECREO.

CUNHA GRAN ACTUACIÓN SORPRESA!!!!

 

Árbore de Nadal

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. 25 N

O ALUMNADO DO CENTRO CELEBROU O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER NAS DIFERENTES AULAS.

                

PODEDES VISITAR OS BLOGS DE AULA

CAMPO A TRAVÉS. XOGADE

O alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participou na mañana do 24 de novembro dunha xornada de cross escolar, organizada polo Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia.

A finalidade desta actividade é a dinamización e promoción de Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado.

O alumnado de 2º e 3º EP correu unha distandia de 450m. o alumnado de 4º e 5º EP 900m. e os máis maiores atrevéronse con 1300m.

Foi unha mañana de esforzo, loita e moita superación. Tamén de baile e diversión.

                               

 Podedes visitar os blogs de aula 

MAGOSTO 2021

Hoxe, venres 12 de novembro celebramos o tradicional magosto.

O alumando e profesorado saboreamos as castañas asadas e escoitamos o grupo Folk formado por mestres do centro que amenizou a xornada.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ESTE ANO CELEBRAMOS AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 

PARTICIPA 

Benvida

 

XORNADAS DEPORTIVAS DE INICIACIÓN AO BEISBOL NO COLE

 

No mes de outubro realizáronse varias actividades de iniciación deportiva para o alumnado de primaria. Pasámolo xenial e dámoslle moitas gracias aos equipos colaboradores.

 

 

 

CELEBRAMOS O SAMAÍN

 

 

     REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO                      COAS FAMILIAS

 

 

Cada año, entre septiembre y octubre, la Fundación ALAIN AFFLELOU pone en marcha la Campaña Escolar en favor de la Salud Visual Infantil. El objetivo de la campaña es detectar de manera precoz los posibles problemas visuales en los niños de entre 5 y 7 años, edad a la cual pueden ser fácilmente corregidos. A los que lo necesitan, la Fundación ALAIN AFFLELOU les entrega gratuitamente unas gafas graduadas adaptadas a su vista (gafa completa: montura especial de campaña + cristales orgánicos monofocales blancos, sin tratamiento).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para libros e material escolar para o vindeiro curso 2021-2022 para o alumnado de primaria. Para máis información premede na imaxe seguinte.

 

O Concello de Vigo, a través do seu programa Verán Xove 2021, pon en marcha os campamentos urbanos e actividades infantís e xuvenís estivais, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Ademais, preténdese a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes.

 

As actividades de Verán Xove 2021 van dirixidas aos nenos e nenas nados entre os anos 2004 e 2017 da cidade de Vigo, sendo requirimento imprescindible estar empadroado/a no Concello de Vigo.

Preme na imaxe seguinte para máis información.

 

 

 

Datas de matrícula curso 2021/22

 

DO 20 AO 30 DE XUÑO

 

DOCUMENTACIÓN

 

  • FOTOCOPIA CARTILLA DE VACINACIÓNS

  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA

  • FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNET ( 3 EN E. INFANTIL / 1 EN E. PRIMARIA)

  • INFORME MÉDICO (PEDIATRA)

  • VOLANTE DE EMPADROAMENTO FAMILIAR

  • CERTIFICADO DE ESTUDOS DO CENTRO QUE VEN

 

 

  • CERTIFICADO DE MINUSVALÍA, DE SER O CASO

  • FOTOCOPIA CARTILLA FAMILIA NUMEROSA DE SER O CASO

 

 

 

 

Queres coñecer un pouco máis o noso cole? Preme nas 3 imaxes seguintes e terás máis información.

 

 

DÍA DA PAZ

O venres pasado, día 29 de xaneiro, no patio do colexio con todas as medidas de seguridade, bailando a ritmo de Diego Torres coa canción “Color esperanza” e soltando unhas pombas, celebramos o día da PAZ.

Como lembranza da celebración da actividade do ano pasado relizamos a entrega dun cheque de 1.534 euros á asociación Discamino, cantidade recaudada na carreira solidaria e que por mor do confinamento non poido entregarse antes.

Neste ano santo 2021 esperamos e sobre todo desexamos que esta situación mellore e poidamos ir recuperando tantas cousas que botamos de menos.

 

 

 

 

 

Prezadas familias:

 

Onte, luns 11 de xaneiro, iniciouse o proceso de admisión de alumnado  en centros educativos para o vindeiro curso 2021-2022. Na primeira fase soamente afecta ao alumnado que cursa 6º de Educación Primaria co obxecto de reservar praza educativa no noso instituto adscrito (IES Castelao ). Pregamos leades as fases deste proceso facendo "clic" na imaxe e accedendo ao cadro resumo. Coma sempre, se tedes dúbidas, contactade connosco. Moito ánimo e saúde.

 

 

 

 

 

 

 

 

21ª campaña escolar de la fundación Alain Afflelou

 

Un año más, la Fundación ALAIN AFFLELOU ha puesto en marcha la Campaña Escolar a favor de la Salud Visual Infantil. En el marco de esta campaña, se ofrece una revisión de la vista a los niños de entre 5 y 7 años y se les regala un par de gafas graduadas si las necesitan*.

Para máis información preme na imaxe.

 

 
 

 

Para realizar unha correcta explicación sobre estas modificacións e o desenvolvemento do plan de actuación, realizaranse antes do comezo de curso reunións por nivel coas familias.

 

Estas reunións terán lugar no comedor/pista cuberta do colexio baixo as seguintes normas de seguridade:

 

-  Un único asistente por alumno/a e non poderán entrar nenos/as á reunión.

 

-  Separación entre cadeiras dun mínimo de 1,5m

 

-  Obrigatorio:     * traer un bolígrafo e libreta ou algo para apoiar para escribir  e *o uso de máscara                    

 

- Cada persoa recollerá na entrada un folleto coas novas normas.

 

-  Entregárase outra documentación que as familias cubrirán durante a asistencia á  reunión.:

 

-  Actualización de datos : teléfonos e dirección

 

-  Autorización de imaxe

 

-  Recollida do alumnado

 

-  Compromiso da autoenquisa COVID 19.

 

  - No caso de realizarse no comedor, entre reunións haberá 30 minutos de ventilación, mentres se realizarán labores de limpeza nas cadeiras/mesas empregadas.

 

  - As reunións deberán durar no tempo indicado.

 

  - Abriranse os dous portalóns para entrar as reunión.

 

Nota: Aproveitaremos para repartir os vales de libros e material ás familias de alumnado de Primaria.

Premendo na imaxe seguinte poderedes ver o calendario de reunións.

 

Eiquí vos deixamos a interpretación da canción de Resistiré por algún alumnos do cole: Xavier, Mateo e Nicolás. Premede na imaxe para escoitalos.

 

 

TENDES ACTIVIDADES NA PÁXINA WEB PARA CADA CURSO OU CICLO E PARA AS MATERIAS DOS DISTINTOS ESPECIALISTAS. PODEDES PREMER NOS ICONOS QUE APARECEN DEBAIXO EN CADA CURSO PARA ACCEDER A ELAS.

  IREMOS ACTUALIZANDO CADA SEMANA.

  

Agradecemos a vosa comprensión e apoio.

 

 

        

 

  

 

       

 

 

 

Aquí os dejamos las aventuras del AGENTE ESPECIAL LEO

 

                                                                                                         

     Vigo, 3 de maio de 2020

 

Estimadas familias:

Ante todo desexamos que todas e todos estedes ben de saúde. Transmitímosvos os nosos mellores desexos nestes duros momentos e moito ánimo.

Somos coñecedores de que as diversas informacións que están saíndo por diversos medios confunden, por iso desde o centro só difundimos información oficial cando é publicada. O día 27 de abril saíron as instrucións da Consellería de Educación, Formación profesional e Universidade para este 3ª trimestre do curso 2019-2020. Na páxina web do colexio e nos diferentes blogues teredes un enlace coa información completa. Nunhas semanas teredes á vosa disposición na web antes mencionada a adaptación da programación didáctica do curso por niveis e áreas.

O profesorado do colexio segue traballando para poder facer chegar, por diversos medios, a cada un dos vosos fillos e fillas as propostas, actividades e recomendacións que estamos colgando por cursos, niveis e materias en cada un dos diferentes blogues que están na páxina web do colexio. Animámosvos a que os consultedes no caso de que aínda non o fixerades.

Agardamos vernos axiña. Feliz día da nai!

Moitas grazas.

Un saúdo cordial,

 

O Claustro do Profesorado do CEIP Plurilingüe O Pombal

 

 

 

Eiquí vos deixamos os nosos mellores desexos 

 

Estas mamás merecen un APLAUSO pola súa labor diaria facendo que o noso alumnado acuda ao centro con toda seguridade.

GRAZAS

 

 

Aparte das actividades que aparecen nos diferentes cursos e especialistas podedes recurrir aos seguintes sitios web que poñen os seus recursos a vosa disposición gratuitamente para esta etapa de quedarse na casa e que iremos actualizando día a día:


 

 

 

 

Tamén a TVG2 vai emitir de luns a venres entre as 11 e as 13 horas contidos de carácter educativo.

 

 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANTES

 

 AGORA

 

 

 

A prensa galega recolle a nosa celebración

 

 

 

 

 

A radio tamén quixo felicitar ao noso Centro por este acontecemento.

 

 

 

 

 

 

 

CEIP PLURILINGÜE O POMBAL

Co gallo do 70 aniversario da nosa escola, o Concello de vigo ven de concedernos o galardón de VIGUÉS DISTINGUIDO 2019.

Trátase do recoñecemento  a labor do traballo en prol da educación pública de calidade levada a cabo por un numeroso grupo de profesorado que, ao longo destes 70 anos, foron imprimindo un carácter propio ao centro.

Esta distinción esténdese a todas e todos os que formaron no seu día ao alumnado do centro e que hoxe son as mulleres e homes que contribúen, coa súa labor persoal e profesional, a que Vigo sexa unha grande cidade.

A felicitación é extensible ao persoal laboral e de servizos cuxa labor facilitou o desenvolvemento do traballo educativo da nosa escola.

A todas e todos, parabéns e a continuar, con orgullo, a nosa labor de contribuír ao ben social!

 

A prensa fíxose eco destes premios:

 

 

 

O noso colexio foi un dos participantes.

Un ano máis o  alumnado de 4º de primaria reconquista VIGO, como xa ven sendo habitual no mes de marzo , os nenos e nenas de 4º de primaria, xunto coas súas mestras, andan ben atarefados preparando todo para participar desta importante festa da nosa cidade.

Nesta ocasión houbo que renovar os tamboriles e con antelación se fixo un obradoiro en colaboración coas familias .

 

 

 

 

 

Anímate a vir a coñecer o noso cole.

 

 

Por un ensino público de calidade

Compartimos este fermoso vídeo feito por FOANPAS por un ensino público de calidade.

 

 

PREGUNTAS FRECUENTES

Estimadas familias,

para dar resposta as dúbidas máis frecuentes que se dan con motivo das novas medidas implantadas nas escolas en xaneiro sobre o xeito de actuar ante novos casos de Covid-19 deixamos unha relación das dúbidas principais que vos poden xurdir.

ADAPTACIÓN DAS MEDIDAS

DE PREVENCIÓN DA COVID-19

EN CENTROS EDUCATIVOS

XANEIRO 2022

PREGUNTAS FRECUENTES

Powered by Drupal - Design by artinet