Información sobre solicitudes de admisión
Dado que as solicitudes de admisión presentadas non superan a oferta de prazas para o vindeiro curso, todas as solictudes presentadas serán admitidas. O seguinte trámite a realizar será o de formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.
Resultados avaliación individualizada
No seguinte enlace pódense observar os resultados do centro na avaliación individualizada realizada ao alumnado de 3º de educación primaria no curso 2014/2015.
Axudas para a adquisición de material escolar
Durante o mes de setembro está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2015-2016.
As bases da convocatoria pódense consultar na web da Consellería de Educación.
O impreso de solicitude pódese descargar na mesma páxina web.
Publicación da resolución definitiva da adxudicación do fondo solidario de libros de texto
Non hai variación sobre a adxudicación provisional.
Non hai solicitudes excluídas pero non hai libros suficientes no fondo para todas as solicitudes.
Relación de libros de texto para o curso 2015/2016
No seguinte enlace pódese descargar o listado en formato pdf.
Atención aos libros marcados con asterisco (*) que non se empregarán o vindeiro curso.
Publicación da resolución provisional da adxudicación do fondo solidario de libros de texto
Pola presente comunícase:
- Que están expostas no taboleiro de anuncios do centro as listas provisionais de admitidos e excluídos.
- Que todas as solicitudes presentadas están admitidas aínda que hai alumnado que queda á espera de que no fondo haxa libros dabondo.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
