Saltar navegación.

CEIP de Olveira

PÁXINA OFICIAL DO CEIP DE OLVEIRA

Proa ao mar de Silverio Rivas

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/24

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión para o vindeiro curso.

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


As solicitudes pódense presentar no centro ou a través da aplicación. ADMISIÓN ALUMNADO

O modelo de solicitude pódese recoller no centro ou descargar aquí.

¿QUES COÑECER O NOSO CENTRO?

Dirixida a familias con interese por coñecer o funcionamento do centro con vistas á matrícula para o vindeiro curso.

Votación para a elección de representantes de pais e nais no Consello Escolar

O vindeiro mércores 23 de novembro de 16:30 a 19:30 horas estará aberta a mesa para realizar a votación.

Poderán votar todas as persoas recollidas no censo electoral.

Das tres candidaturas que aparecen na papeleta deberán marcar tan só unha.

Calendario de eleccións ao Consello Escolar

Na sesión de constitución da Xunta Electoral aprobouse o calendario electoral seguinte:

2 de novembro

Constitución da Xunta Electoral.

Aprobación calendario de actuacións.

Publicación dos censos.

3 - 12 de novembro

Exposición censo no taboleiro de anuncios.

Presentación de reclamacións ao censo.

Presentación de candidaturas.

15 de novembro

Reunión da Xunta Electoral.

Aprobación definitiva de censos.

Proclamación de candidaturas.

Sorteo público para constituír as Mesas Electorais.

Claustro informativo.

22 de novembro

Reunión estraordinaria de Claustro para elección de candidaturas.

23 de novembro

Votación de pais e nais.

24 de novembro

Reunión da Xunta Electoral para proclamar as candidaturas elixidas.

29 de novembro

Constitución do novo Consello Escolar.

 

No taboleiro do centro está exposto o censo de responsables.

 

 

Eleccións ao consello escolar

Atendendo á RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, o vindeiro martes 25 de outubro ás 16:30 horas celebrarase o sorteo público para elixir os membros que formarán parte da xunta electoral que arbitrará todo o proceso electoral.

Esta xunta electoral estará composta polo director do centro, un mestre ou mestra, un pai ao nai e un representante do persoal de servizos.

ANPA: Actividades extraescolares

 EXTRAESCOLARES 2022/2023

 

LUNS:

  • Teatro de 16:30 a 17:30 horas da tarde, cun custo de 18 euros.
  • Plástica de 17:30 a 18:30 horas da tarde, cun custo de 22 euros. (material incluido).

MARTES:

  • Inglés de 17:00 a 18:00 horas da tarde, cun custo de 20 euros.

 MÉRCORES:

  •  Zumba de 17:00 a 18:00 horas da tarde, cun custo de 18 euros.

 XOVES:

  •  Multideporte de 17:30 a 18:30 horas da tarde, cun custo de 18 euros.

 ________________________________________

  • Para poder anotarse a calquera destas actividades tendes que mandar un correo a anpaolveira@yahoo.es ca seguinte información:
    • Actividade na que estades interesados, nome do nen@, apelidos, edad, curso, data de nacemento, número de teléfono de contacto e no caso de algunha enfermidade importante que o monitor deba de saber.
  • Todas estas actividades realizaranse no centro escolar.
  • Para poder participar tedes que facervos socio da Anpa Monte Tahúme no curso 2022/2023.

ANPA: Plan madruga e comedor

 ANPA MONTE TAHÚME INFORMA

 PLAN MADRUGA

 O prezo varía según os asistentes.

 

  • Entre 5 e 6 nen@s, terá un custo de 80 euros por neno mensualmente.
  • Entre 7 e 11 nen@s, terá un custo de 60 euros por neno mensualmente.
  • No caso de ter máis asistentes ao plan madruga o precio será máis económico.
  • Estes prezos son sen desayuno, con desayuno son 5 euros máis diarios por nen@.
  • O horario do plan madruga sería de 08:00 ata as 10:00 da mañá (ata a entrada no colexio).

 SERVIZO DE COMEDOR

 O prezo varía según os asistentes

 

  • Entre 5 e 7 nen@s, terá un custo de 8'5 euros menú.
  • Entre 8 e 11 nen@s, terá un custo de 7'40 euros menú.
  • No caso de ter máis asistentes ao comedor o prezo será máis económico.
  • O horario do comedor e de 15:00 a 17:00 horas

 __________________________________________

  • Os nen@s que se anoten as actividades extraescolares e estén no servizo de comedor, poderán ir directamente ás actividades (comunícalo de anteman aos monitores).
  • Para poder anotarse a calquera destes servizos, mandade un correo a seguinte dirección anpaolveira@yahoo.es ca seguinte información:
    • Servizo no que estades interesados, Nome e apelidos do nen@, edad, curso, data de nacemento, número de teléfono de contacto e no caso de algunha alexia o enfermidade do nen@ que o monitor deba de saber.
  • Todos estes servizos realizaranse no centro escolar.
  • Para poder facer uso destes servizos tedes que facervos socios da Anpa Monte Tahúme no curso 2022/2023.

Entradas e saídas do alumnado

Dado que a situación actual en relación co Covid-19 permite voltar en gran medida á normalidade, as entradas e saídas do alumnado ao centro realizaranse atendendo a estes creiterios:

  • Tanto para as entradas como para as saídas abriranse os dous portais, quedando o grande para o alumnado de infantil e o pequeno para o de primaria.
  • Só a partires de que entre ao recinto o alumnado do primeiro autobús, poderá entrar o alumnado non transportado, situándose na zona de cemento.
  • Tan pronto soe a música, o alumnado de primaria entrará pola porta principal e colocarase no corredor en filas. O alumnado de Infantil fará as filas fóra e entrarán pola porta lateral.
  • O alumnado de Infantil sairá polo portal grande e o de primaria polo pequeno.

Convocatoria de axudas do Concello de Ribeira

Ata o 14 de setembro está aberto o prazo para solicitar axudas para libros, material escolar e comedor convocadas polo Concello de Ribeira.

Bases da convocatoria

Distribuir contido