Saltar navegación.

A nosa biblioteca

Dende o curso 2013/14 estamos dentro das Bibliotecas Escolares de Galicia.

 Levamos moitos anos traballando para que o alumnado deste centro puidera entrar na Biblioteca do cole e se mergullara nun mundo de fantasía, ademais de encontrarse cun mundo por explorar. No curso 2012/13 encontrámonos na necesidade de pertencer ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Co que xa levabamos traballando e co Proxecto que nos metemos ese mesmo curso, ao ano seguinte conseguimos entrar. Estamos nunha dinámica na que queremos que a Nosa Biblioteca sexa o eixe do todos os proxectos, intentando chegar a toda a comunidade educativa por diferentes medios.

Distribuir contido