Centro de pedagoxías vivas e activas
ADMISIÓN DE ALUMNADO 24/25
Todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso 24/25 está admitido.
O período de matricula será do 20 ao 30 de xuño.
Unha semana antes nesta páxina publicaremos a documentación requerida.
Falando de Rosalía
Os nenos/as de 6º de Infantil crearon un podcast no que nos falan sobre Rosalía.
Preme na imaxe para poder escoitalo. Cortesía de Radio Lola
Luis Presley
Dentro do proxecto integrado de Música, tivemos a sorte de poder contar con Luis Rey, que foi cantante da antiga Poceiro e actualmente do grupo Lume. Veunos facer unha imitación de
Elvis Presley e estivo incrible! Se pechabas os ollos, parecía que estabas diante do propio Elvis en persoa. Pasámolo xenial escoitándoo e tamén bailando coas súas cancións. Moitas gracias,
Luis! Encantounos terche con nós!
PRAZAS VACANTES CURSO 24/25
No arquivo adxunto pódense ver a relación de prazas vacantes para o alumnado de Educación infantil e Educación primaria
para o vindeiro curso 24/25.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
vacantes.pdf | 83.55 KB |
23 de Febreiro, día de Rosalía
Esta semana festexamos no centro o día de Rosalía e para iso contamos nas entradas e saídas con música composta a partir de poemas desta tan ilustre escritora.
Ademais, pudemos disfrutar dunha actuación de títeres e contacontos para os nenos/as de Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria, representada por Carmen Domech e
titulada "Unha rosa cada día, xogando con Rosalía". Nela, achegouse ós nenos/as ós poemas de Rosalía de Castro, dun xeito lúdico, acompañada de títeres e outros elementos para facelo
moi visual e entretido e propiciando tamén a participación dos nenos/as.
ENTROIDO NO COTO
Este ano o tempo estropeunos o desfile do entroido, de xeito que só pudemos facelo no pavillón do colexio.
Para que podades ver como fomos disfrazados, deixamosvos aquí unha montaxe:
DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro festéxase o día da Paz e no CEIP O Coto fixemos unhas actividades para conmemoralo.
Elaboramos un mural entre todos os nenos/as con arcos da vella nos que escribiron palabras de Paz.
Representamos o símbolo da Paz con pedriñas blancas que puxeron todos os nenos/as e mestres/as, para que
quede para a posteridade, reflexando a importancia da convivencia en Paz.
Aquí tedes unhas fotos dese día