Skip to Content

Monthly archive

Deporte na Escola

▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!DEPORTE ESCOLAR.▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

Volei Curso 22-23

O vindeiro mércores día 26 de abril de 2022, dará comenzo a competición escolar de Volei. As 3 xornadas que terá a Competición Escolar este curso, serán mércores día 26 de abril e  3 e 10 de maio,  no Pavillón do Ceip Randufe . O horario dos partidos será o seguinte: 16:30h a 19:30h. Para participar en ditas xornadas o prazo de inscripción rematará o  vindeiro venres 21 de abril. Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.

 Poden atopar máis información en www.agrudebam.es ou na web do cole na sección Deporte no2/Deporte na Escola/Volei.

Aquí podemos descargar a folla de inscripción.

Aliméntate ben

Letras Galegas 23

 

 

18 de maio 2023.

Consertassso de Brais das Hortas.

O pasado xoves 18 de maio de 2023, contamos na escola con Brais das Hortas, un consertassso na nosa horta, onde nos naturalizamos coas súas cancións adicadas a horta: Plantamos kiwis, fixemos compost, practicamos actividade físico-saudable co seu "Sachozumba", desbrozamos, sementamos, cos pes na terra.  Un superconsertasso que nos meteu o ritmo da horta no corpo.

Gracias Brais pola túa música.

Aliméntate ben

"Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado. Así cumplindo coa Axenda 2030 traballamos os ods 2 Fame 0 e 3 Saude e benestar.

As modalidades do programa fan ao alumnado protagonista da súa aprendizaxe en colaboración cos compañeiros e compañeiras. Os proxectos que realizarán os centros deben implicar aos axentes da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias, institucións…) e crear entre todos unha rede de traballo cooperativo que mellore o xeito de ensinar e aprender.

O reto para cada mes, para dar resposta aos ODS da axenda 2030 será comer froita e verduras de tempada. Aquí vos deixamos a proposta do mes de novembro.

 

Aquí vos deixamos un modelo de receita para recoller as vosas propostas. 

PLANTACIÓN DOS TERCEIROS

 

SEMILLEIROS

Curso 22-23

Os terceiros xa plantaron as súas sementes. Fixeron semilleiros de  cenorias, canónigos, leitugas, espinacas, chícharos.

Teñen pensado facer unhas estupendas receitas con todos estes alimentos. Aínda que primeiro, terán que transplantalos á horta.

 

 

 

Deporte Escolar

Judo GIF - Conseguir el mejor gif en GIFER COMPETICIÓN DE LOITA PARA 4º CURSO.Juegos de Andalucía: La Sogatira

13 de abril de 2023

Pav. Vello Tui.

O xoves 13 de abril de 2023, terá lugar para o alumnado de 4º de Educación Primaria, dos centros educativos de Tui. O horario será de 10:30 a 13:00h no Pavillón Vello de Tui. Na xornada levaranse a cabo distintos xogos de iniciación á defensa persoal. Todo o alumnado deberá traer equipación deportiva do colexio, chándal do mesmo e merenda. Todas as familias están convidadas a presenciar a actividade. Premede na seguinte imaxe para ver o vídeo da competición. 

Agrudebam | Inscricións

Deporte na escola

Ruta en Patinete 4º.

Mércores 14 de xuño de 2023

Hoxe, mércores 14 de xuño de 2023, levouse a cabo unha ruta en patinete para todo o alumnado de 4º. Consistiu nun paseo en patinete dende o colexio ata a praia de Guillarei e volta ao centro educativo, tendo lugar diversos talleres de Educación Vial, alimentación, ecoloxía, relaxación e reciclaxe.

 

Moitísimas grazas a todas as familias, ANPA do colexio, Concello de Tui, Policía Local, monitores dos distintos talleres (Hugo, Vanesa...), aos voluntarios (Alba, Omar e Cloe) e, por suposto, ás titoras de 4º e ao centro educativo. Grazas a todos o alumnado de 4º gozou dunha xornada espléndida.



by Dr. Radut