Skip to Content

Monthly archive

Aliméntate ben

Los Dibujitos — Se me cuecen las habas.Arxóns para as fabas de 4º

O pasado venres, día 24 de marzo de 2023, o alumnado de 3ºA estivo na horta, poñendo arxóns para as fabas, así medrarán dereitas e poderemos ter boa colleita.

Un fantástico traballo en equipo, que xa comezaran as familias e que rematou este grupo de 3º. Gran traballo de tod@s!

Aliméntate ben

BATIDO DE FRESAS DA NOSAGIF: Baile Fresas | Strawberry, Fruit, Food ECOHORTA

Que ledicia ver que os esforzos dan o seu proveito. Os cativos de primeiro recolleron o pasado venres 12 maio a primeira colleita das fresas que plantaron. Con elas fixeron un batido de fresas e leite no eco-comedor que deixou un cheiro exquisito en todo o colexio. Puideron ver, tocar e cheirar as fresas e incluso puxeron en xogo o sentido do oído co son do batedor.

Aliméntate ben

As árbores do patio ensinan os seus froitos.

Coa chegada de mellores temperaturas no mes de xuño de 2023, as  árbores que plantamos no patio no mes de xaneiro do ano 2022, xa teñen os seus primeiros froitos. Están ben fermosas cos coidados do alumnado do noso cole. Este ano temos a proba dos mirabeis e paraguaios.

 

BIENVENIDOS AL CURSO 23-24

 

Espéranos un ano cheo de novas actividades e experiencias que iremos publicando para compartir con todos e todas vós.

Deporte na escola

 

Ping Pong | Ping pong, Pixel art design, Motion design animationTenis de Mesa 23-24.▷ Tenis de Mesa y Ping-Pong: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100%  GRATIS!

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 22 e 29 de novembro2023.

          A xornada de Tenis de Mesa prevista para o vindeiro mércores día 15 vai ser adiadas para comezar o mércores 22 e rematar o mércores 29 de novembro de 2023, por mor do aprazamento das xornadas de Campo a Través. Sentimos as molestias que isto lles poida ocasionar. 

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.Gifs animados de deportes | Historia de cristobal colon ...

 Dinamización Intercentros

 Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez Goián

 Curso 22-23

 Martes, 31 de xaneiro de 2023.

  O pasado martes día 31 de xaneiro de 2023,  tivo lugar no pavillón vello de Tui a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 5ºB, 4ºC. Aquí vos damos conta do ben que o pasamos e todos os deportes que practicamos.

 

Grazas aos compañeiros de Goián, por unha xornada estupenda coma esta.

Lecturas Deportivas

Learn how to draw a diamond ring for kids step by gif - ClipartixThe Crazy Haacks e o misterio do anel

Desireé 5ºA.

Hoxe xoves, 9 de marzo de 2023 cheganos unha lectura moi novedosa da man de Desireé de 5ºA. Esta é a segunda aventura dos irmáns máis locos de You Tube, onde contan a historia dun anel misterioso que chega ás súas máns. Unha lectura incrible que deberíades ler. Animádevos.

 

Imagen de Misterio - 2.the Crazy Haacks Y El Misterio Del Anillo - Vv.aa.

Moitísimas grazas Desi! Interesante colección.

XIV edición de "TUI Le"

     Este venres os alumnos de 1º e 2º A participaron no XIV "TUI Le", unha xornada de actividades organizada anualmente polas bibliotecas escolares xunto coa Biblioteca Municipal tudense.

O punto de encontro era a carpa instalada no Paseo da Corredoira, alí disfrutaron das actividades e da presenza de Bea Campos, co seu espectáculo "As palabras perdidas".

Aquí tedes o mural de Fernando Fernández del Riego (escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2023), no que todo o centro  colaboramos.

PROXECTO DO MAR

 

 PROXECTO DO MAR EN INFANTIL

Curso 22-23

En infantil estamos cun proxecto mediombiental e multidisciplinar. Convertéronse  en buzos e investigaron o mar, as  súas riquezas e os perigos que o ameazan.

Comezamos partindo dun centro de interese moi común nos máis cativos, os animais, neste caso, os peixes.

Trouxeron sardiñas e buscaron o seu esqueleto, a espiña. Traballaron o calamar, onde viven e que comen. Tamén coñeceron, tocaron e uliron un polbo de cerca,contaron as súas patas.

Finalmente o polbo Lolo acabou na cazola. Aprenderon como se cociña e botáronlle sal e pemento doce. Chegou o momento de degustar este manxar galego, aínda que non todos se animaron.

 

 

 

 

 

 

 



by Dr. Radut