Skip to Content

Monthly archive

MERCADILLO DE INFANTIL CINTAS DE CORES

 

MERCADILLO DE INFANTIL CINTAS DE CORES

CURSO 22-23

Os alumnxs e familias de infantil están a facer unha grande labor na horta. Sementaron leitugas e outros productos para vender no seu mercadillo "Cintas de cores2. 

Todo o que recaudan é para a excursión de fin de curso de infantil. 

Con esta actividade os cativxs aprenden de xeito moi práctico como se sementa, rega, coida e recollen as colleitas para logo vendelas no mercado. Aprenden a saber de onde veñen e o traballo que da que medren en bo estado sen pragas.

Agora toca preparar auga con vinagre para fumigar as fabas.

Moitas grazas a todas as familias que colaboran nesta actividade.

 

 

Ruta do Río Lagartón

O pasado, martes día 30 de Maio de 2023  tivo lugar a ruta do Río Lagartón, para todo o alumnado de 2º. Tivo lugar en horario de 9:15 a 14:15h. Consistiu nun paseo,  dende o colexio polo Camiño de Santiago, Veiga do Louro, Río Lagartón e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos durante a actividade.

( Preme na imaxe para máis información)

CAMPO A TRAVÉS HORARIO ESCOLAR

Os vindeiros 26 e 27 de outubro comezaremos as actividades deportivas de Agrudebam. Comezamos cunha proba de campo a través en horario lectivo, onde o máis importante será a participación. Os cursos que participarán serán 2º,3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria. A proba terá lugar nas instalacións deportivas do Borraliño en Soutelo, Salceda de Caselas entre as 10:30h e as 13:00h. Se premedes enriba da foto podedes acceder a información que Agrudebam ten publicada na súa web: das carreiras, distancias, lugar, etc...

BIODIVERSIDADE NO PATIO

 

BIODIVERSIDADE NO PATIO

 Cada día despois do recreo visítannos na escola as gaivotas e as pombas do entorno, elas son as encargadas de recoller e impar as miguiñas das nosas merendas. Un traballo en equipo que axuda a reciclar e manter o noso patio limpo, á vez que lles serve de alimento saudable.

 

 

Lecturas Deportivas

Javier Rodríguez 5ºA.

Javier Rodríguez de 5ºA, compartiu con nós o 13 de xaneiro de 2022, o seu traballo sobre lecturas deportivas "Alex Remiro".

Javier un admirador de Alex, xa que xoga coma porteiro de fútbol, coma él, explicounos que neste traballo investigou sobre o seu ídolo. Na súa lectura podedes atopar fotos, resultados, enquisas, equipos nos que xogou, etc... 

Moitas grazas Javi, gran traballo, dende logo unha gran lectura futbolista.

Día de Rosalía de Castro

Galicia en Puerto Rico: febrero 2015Día de Rosalía.

FLORES ENCONTRADAS EN LA WEB | Rosas azuis, Rosas vermelhas, Flores rosas

23 de febreiro de 2023.

Sementando Pensamentos.

 

Con motivo da conmemoración do día de Rosalía de Castro o Equipo de Normalización Lingüística do centro organizou unha actividade no ámbito Naturaliza-T.

O alumnado do centro escribou poemas, frases en pensamentos que despois decorarian o mural de Rosalía.

Aproveitando este momento cada clase plantou o seu pensamento para a compañar o seu mural e que o día de Rosalía coas súas palabras e pensamentos na lingua nai, fose un día máis natural e de respeto ao medio ambiente.

Excelente traballo do Equipo de Normalización do centro e de todo o alumnado.

 

Aliméntate ben

140 ideas de Gifs | emoticonos animados, emoticonos, gif lindos2ºB Planta tirabeques e chícharos.Peregrino Nos vemos Árbol de tochi regadera gif fuegos artificiales  Despertar mi

O pasado mércores, día 1 de marzo de 2023, o alumnado de 2ºB de Educación Primaria, sacou para o horta, os tirabeques e chícharos que xa creceran no interior da escola. Tamén aproveitaron para regar as plantas da horta. Aquí vos damos conta do ben que o fixeron.

BOLSAS N.E.A.E.

BOLSAS PARA  ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

para o curso 2024 - 2025

Axudas para alumnado con necesidades educativas derivadas dalgunha destas situacións:

  • - Discapacidade: acreditada mediante o correspondente certificado (igual ou superior ao 25%).
  • -  Alumnado con trastorno grave de conduta.
  • - Alumnado con trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais.
  • - TDAH asociado a discapacidade ou trastorno grave de conduta.
  • - TEA.
  • - Altas capacidades.

 

Esta necesidade específica de apoio educativo deberá estar acreditada mediante:

  • - Certificado de discapacidade de, como mínimo, 25%.
  • - Certificado dun equipo de valoración e orientación / dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica / dun departamento de orientación, dependentes da administración educativa correspondente.

 Preme AQUÍ para cubrir a solicitude

 

Prazo de presentación:  dende o 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024.

 

Extracto da Resolución de 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025

 

 

Ruta en Patinete 4º

Hoxe, mércores 14 de xuño de 2023,  levouse a cabo unha Ruta en patinete, para todo o alumnado de 4º. Consistiu nun paseo en patinete dende o colexio ata a praia de Guillarei e volta ao centro educativo, tendo lugar diversos talleres de Educación Vial, alimentación, ecoloxía, relaxación e reciclaxe.



by Dr. Radut