Skip to Content

Monthly archive

Manifesto polo 25 de Novembro de 2023

As nenas e nenos de 6º de Primaria elaboraron un manifesto polo día 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

#NósSeremosOCambio #NinUnhaMáis

  ENTRA AO DOCUMENTO ADXUNTO

Deporte na escola.

Gifs Animados de BadmintonDEPORTE ESCOLAR.

 

Competición de Bádminton Categoría Benxamín, Alevín e Infantil

( 3º, 4º, 5º e 6º). Curso 22-23

O vindeiro martes, día  24 de   xaneiro, dará comezo a competición escolar de Bádminton, as  Xornadas terán lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:00h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro martes día 17 de xaneiro.Achegamos calendario coas xornadas que irán por separado.

Para o alumnado de 5º e  6º será o martes 24 de xaneiro e o martes 7 de febreiro.

Para o alumnado de 3º, 4º e repetidores de 6º será o martes 31 de xaneiro e o martes 14 de febreiro.

A Xorndad Final será o mércores 1 de marzo para todos.

 

Preme aquí para descargar a inscripción de alevín.

Se queres a inscripción de Benxamín e Infantil preme aquí.

Animádevos a participar e pasar boas xornadas xogando a bádminton.

Deporte na Escola

Gifs Animados de BadmintonDEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 22-23

O vindeiro mércores 1 de marzo  terá lugar a Xornada Final  da competición escolar de Badminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. O autobús sairá ás 15:50h do colexio. A volta será aproximadamente ás 20:30h.. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo. Os nenos que vaiades a Tomiño directamente tedes que estar alí ás 16:30h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.

 

Deporte en Tui

IX Trofeo Baile Deportivo

Eurocidade Tui-Valença

26 de Marzo 2023

O sábado día 26 de marzo, está previsto o IX Trofeo de Baile Deportivo, na Eurocidade Tui-Valença. Un evento deportivo, que poderemos ver no Pavillón Gustavo de Tui. Animamos a todo o alumnado e familias, a gozar de esta oportunidade, que nos ofrece o deporte tudense.

Deporte na Escola

▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!DEPORTE ESCOLAR.▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

Volei Curso 22-23

O mércores día 3 de maio,  terá lugar a derradeira xornada de competición escolar de volei, no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:05h do colexio, pasará por Rafi, rotonda Bornetas e rotonda Igrexa Areas. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo, merenda e auga. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Fai Click ao teu bocata

Inicio | Fai clic ao teu bocata

 

O luns 5, martes 6 e mércores 7 de xuño de 2023, o alumnado do CEIP Nº2 DE TUI viviu, unha mágnifica experiencia cos responsables do programa "Faille Click ao teu Bocata". Aprenderon moitas cousas sobre as conservas, xogaron e mesmo probaron un exquisito bocata.

(Preme na imaxe para máis información)

Deporte na escola

COMPETICIÓN DE LOITA PARA 4º CURSO.

13 de abril de 2023

Pav. Vello Tui.

O xoves 13 de abril de 2023, terá lugar para o alumnado de 4º de Educación Primaria, dos centros educativos de Tui. O horario será de 10:30 a 13:00h no Pavillón Vello de Tui. Na xornada levaranse a cabo distintos xogos de iniciación á defensa persoal. Todo o alumnado deberá traer equipación deportiva do colexio, chándal do mesmo e merenda. Todas as familias están convidadas a presenciar a actividade. Premede na seguinte imaxe para ver o vídeo da competición. 

Xornada de Formación para as familias e profesorado: “Educar en igualdade de Xénero. A importancia dunha Educación sexual en calidade”.

 

Terá lugar o vindeiro 14 de novembro de 2023, de 16:30-18:30h no salón de actos do centro, coa pedagoga e sexóloga Erea Devesa.  Está destinada a familias, profesorado e aberta a todas aquelas persoas que queiran participar de tod@s os centros educativos e contorna.

O CEIP Nº2  aposta dentro do proxecto diverxente, para dar resposta aos ODS da axenda 2030, neste caso: ODS 5: Igualdade de xénero, ODS 4 Educación de Calidade e ODS 3: Saúde e benestar. Agardamos a vosa presenza e participación nesta xornada educativo-formativa por unha a comunidade educativa unida.

Aliméntate Ben

Gifs animados de Lechugas, animaciones de LechugasSementando Leitugas.▷ Gifs Animados de Alimentos - Gifs Animados

O alumnado de 5º de Educación Infantil o mércores día 25 de xaneiro estiveron na horta, para transplantar as leitugas que sementaran no mes de novembro. Agora terán que regar para que medren boas leitugas, para facer ensaladas de todo tipo. Un gran traballo amiguiños.

Moitas grazas a Mara, Naiara e Sara pola súa axuda e experiencia. Tamén a Abril, Sara Ramos, Raquel e Telma. 



by Dr. Radut