Aliméntate ben
Letras Galegas 23
18 de maio 2023.
Consertassso de Brais das Hortas.
O pasado xoves 18 de maio de 2023, contamos na escola con Brais das Hortas, un consertassso na nosa horta, onde nos naturalizamos coas súas cancións adicadas a horta: Plantamos kiwis, fixemos compost, practicamos actividade físico-saudable co seu "Sachozumba", desbrozamos, sementamos, cos pes na terra. Un superconsertasso que nos meteu o ritmo da horta no corpo.
Gracias Brais pola túa música.