Skip to Content

Monthly archive

TORNEO DE SAN TELMO DE TENIS

Torneo de San Telmo de Tenis

Sábado 26 de Abril de 2014

17:00h Paseo da Corredoira Tui

O pasado sábado 26 de Abril, pola tarde o Club Tenis de Tui, organizou unha xornada de Tenis na Rúa, no paseo da Corredoira de Tui.

Moitos alumnos do noso centro, participaron en dito torneo, disfrutando dunha tarde divertida de tenis, na que houbo trofeos, medallas e agasallos.

As nosas felicitacións a estes campeóns.

Máis Información en https://www.facebook.com/tenistui.asociacion

 

Torneo de San Telmo de Tenis

O alumno Gonzalo Alonso de 4º C , proclamouse subcampeón do torneo na súa categoría, aquí vos deixamos algunhas fotos de este gran deportista e campeón.

   

FÚTBOL-SALA

Finais de Futbol-sala Escolar

O Martes 3 de Xuño de 2014 tiveron lugar as finais de Futbol-sala Escolar, o Ceip Nº2 de Tui competía na categoría Benxamín, chegando ás finais como primeiro de grupo.

A encontro final foi Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui- Colex Sta Mª Maristas. O resultado final foi 5-2 a favor do noso centro, proclamandose Campeón Escolar do Curso 2013-2014 na categoría Benxamín.

Noraboa Campeóns!!!

 

Campionato do Mundo de Patinaxe Artístico

Do 27 Setembro ao 11 de Outubro tivo lugar en Reus Cataluña, o Campionato do Mundo de Patinaxe Artístico. Nesta edición a participación española tivo unha gran repercusión.

O grupo Show Grande Español CPA Olot proclamouse Campión do Mundo por oitava vez.

http://www.reus2014.com/es/el-olot-campeon-del-mundo-de-show-grande-por-octava-vez/

A galega Nuria Rives colgouse por segunda vez a medalla de bronce xunto ao seu grupo Shou pequeno, el PA Blanes con el Show “As time goes by”.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2014/10/11/segundo-bronce-mundial-consecutivo-nuria-rives/0003_201410G11P46992.htm#.VDpCvqk26gV.facebook

O tamén galego Bruno García  proclamouse por primera vez subcampeón do mundo co seu grupo Show grande El Masnou, con el Show “Laberinto”.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2014/10/18/bruno-garcia-cabo-cumplido-sueno/0003_201410G18P47995.htm#.VEJZZy2oBVA.facebook

E tamén vos imos deixar unha foto especial de unha profe super campeona de patinaxe, que disfruta moitísimo facendo e vendo patinaxe, a profe Sara. Aquí no último Campionato do Mundo que tivo lugar en Reus.

HORARIO VOLEI DEPORTE ESCOLAR.

 DEPORTE ESCOLAR.

Horario Volei Curso 14-15

Mércores 19 de Novembro

O mércores día 19 de Novembro, dará comezo a competición escolar de volei, a 1ª xornada terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se tiveran e chandal do mesmo. Os/as nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:15h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web:http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

FINAIS DE VOLEI

Xornada Final de Volei

O Mércores 3 de Decembro de 2014, tivemos a Xornada Final de Volei no pavillón de Randufe. Participamos 3 equipos Benxamíns e 3 equipos Alevíns. Os resultados finais foron moi satisfactorios para o noso cole:

  • 1º Clasificados en Categoría Benxamín Mixto.
  • 3º Clasificados en Categoría Benxamín Mixto.
  • 3º Clasificados en Alevín Mixto.

Atoparedes máis información sobre a proba en: www.agrudebam.es

SAÍDA Á GRANXA SERANTELLOS

     

   Estas son algunhas das actividades que fixemos na granxa Serantellos en Cambados. Escoller as fotos foi moi difícil porque temos moitísimas. Esperamos que vos gusten.

   Deixámosvos o enlace á páxina da granxa para que poidades as actividades e instalacións con máis profundidade.

 

   Aproveitando esta saída como centro de interés, empezamos un proxecto en Coñecemento do Medio sobre animais e plantas. Estamos moi ilusionados.

 



by Dr. Radut