Skip to Content

Monthly archive

PATINAXE

Campionato Provincial Xogamos de Patinaxe

18 Maio 2014 Tui

 

A Alumna Patricia Muñíz e os seus compañeiros de equipo: Noelia Pérez e David Álvarez participan no Campionato Provincial Xogamos que tivo lugar en Tui o pasado 18 de Maio.

Neste Campeonato Provincial de Xogade os equipos pequenos de grupo Show e o equipo B conseguiron o primero posto en Grupos Pequenos de Primaria e Secundaria respectivamente.

Os nosos parabéns para estes grandes equipos.

Aquí vos deixamos o enlace a súa web, por se queredes saber máis: https://www.facebook.com/pages/Club-Patinaje-Artistico-Ribex/185625124808368?fref=ts

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu segundo encontro da Liga 14-15.

O pasado Domingo día 18 de Outubro de 2014, tivo lugar o segundo encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Itzam de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Este  encontro foiTyde F.C.- A Guia da Guarda e os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando contundentemente:  5-0.

Os nosos parabéns e desexarlles que sigan tendo resultados favorables durante a liga.

 

 

O equipo Alevín do Clube Balonmán Tui segue colleitando victorias

 O equipo Alevín do Club Balonmán Tui e do que forman parte varios nenos do Ceip Nº2 de Tui( Xabi e Iago de 6ºB e Diego de 5ºB), leva varias xornadas xogando a liga federada que organiza a Federación Galega de Balonmán.

 Levan xogadas 10 xornadas, das cales gañaron 9 partidos e soamente perderon 1. Isto fai que estean no máis alto da táboa clasificatoria, nestes momentos son segundos na taboa clasificatoria detrás do Luceros B

 Aquí podedes seguir a clasificación de toda a liga:

http://www.fgbalonman.com/clasificaciones.asp?torneo=949&x_OPCION=MC&Submit=Mostrar

 

Proposta de Deporte en Familia 1º Trimestre

Proposta de Deporte en Familia para o 1º Trimestre

A Serra do Caurel

Este trimestre, Carmen de 5 Anos e Blanca de 6ºB, propóñenvos una actividade en familia, moi interesante, a visita á Serra do Caurel, onde toda a familia pode disfrutar de rutas de sendeirismo, en Btt, etc.. disfrutando do paisaxe natural, das montañas orientais da provincia de Lugo.

Nos seguintes enlaces podedes atopar información importante, que vos pode axudar a organizar a vosa actividade:

http://www.serradocourel.es/

http://www.acampamentocaurel.com/

XORNADA DE BÁDMINTON

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 13-14

 

O vindeiro martes 25 de Febreiro terá  lugar a 2ª Xornada escolar de Badminton, para a categoría alevín ( 5º e 6º) no Pavillón do Ceip Randufe.

( Esta xornada fora aprazada por mor do temporal).

O autobús sairá ás 16:30h do colexio.

A volta será aproximadamente ás 20:30h..

Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo.

Os nenos que vaiades a Randufe directamente tedes que estar alí ás 16:45h.

Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.

A importancia de navegar seguros

Neste espazo atoparás páxinas con información referente a como navegar segur@ pola web.

..., de todos os modos non esquezas que o último "clic" o fas ti...

 

Protéxete na rede!

 

Preme nas imaxes para entrar nas diferentes páxinas

 

Navega con rumbo

 

Protégeles

 

 

Redes Sociais

 

 

CIBERACOSO

CROSS ESCOLAR

Cross Escolar As Agüiñas- Porriño

Polígono Industrial de A granxa. Porriño 18  de Maio de 2014

        

            O Vindeiro domingo 8 de Maio de 2011 vai ter lugar o Cross escolar das Agúíñas  no Polígono Industrial de A Granxa en Porriño.

        Dita xornada está destinada os/as nenos/as de tódalas idades ( olimpicos, pre-benxamin, benxamín, alevíns, infantil e cadete) e tamén aos adultos e veteráns.

        Nesta xornada non haberá autobús polo que os nenos/as terán que asistir a proba coas súas familias. O prazo de inscripción remata o vindeiro martes día 13 de Maio de 2014. URXE QUE A ENVIEDES CANTO ANTES. GRACIAS.

         Podedes atopar máis información sobre a proba na web do cole en Deporte Escolar, novas o una web www.atletispor.com

Cómo chegar?

ITINERARIOS

DENDE VIGO-PONTEVEDRA: Saída 21 da Autovía Vigo-Tui. Este é o itinerario

DENDE TUI-PORTUGAL: Saída 21 da Autovía Vigo-Tui. Este é o itinerario

UBICACIÓN DA CARREIRA

nas instalacións do Club Atletismo Porriño:

Google Maps

Club Atletismo Porriño
Polígono de la Granxa parcela 248 A
36475 Porriño

Coñece o regulamento da carreira aquí.

DEPORTE EN FAMILIA

Deporte En Familia

Muiños do Folón

O alumno Pablo Fernández de 5º A, nos deixa unha proposta moi interesante para facer deporte en familia este 3º Trimestre.

        Coa súa familia visitou os Muiños do Folón no Concello de O Rosal, unha zona Natural, no Baixo Miño, na que se atopa unha gran fila de muiños, que noutros tempos foron un motor importante da economía da zona.

        Aquí vos deixamos unhas fotos que fixo para que os poidades ver e vos animedes a visitar.

     

 

 



by Dr. Radut