Skip to Content

Monthly archive

Andaina por Malvas. Deporte en familia.

 

Dende o Departamento de Educación Física animámosvos a anotarvos nesta actividade na que podedes facer deporte en familia e  na que ides descubrir un lugar moi bonito.

Para os nenos/as de Primaria é gratis!!!

Partido de Fútbol España-Alemaña Balaidos Vigo

Partido de Fútbol España-Alemaña

Estadio de Balaidos ( Vigo)

18 Novembro 2014

O vindeiro martes 18 de Novembro de 2014, ás 21:00h, terá lugar no Estadio de Balaidos en Vigo, o partido amigable que disputará a Selección Española de Fútbol e a Selección Alemana. As dúas seleccións mellores do mundo teremos a oportunidade de velas aquí en Vigo. Se podedes e vos animades a disfrutar de este partido en directo, aquí vos deixamos máis información.

http://www.farodevigo.es/deportes/2014/10/08/entradas-espana-alemania-vigo-costaran/1108016.html

 

 

O equipo Alevín do Clube Balonmán Tui segue colleitando victorias

 O equipo Alevín do Club Balonmán Tui e do que forman parte varios nenos do Ceip Nº2 de Tui( Xabi e Iago de 6ºB e Diego de 5ºB), leva varias xornadas xogando a liga federada que organiza a Federación Galega de Balonmán.

 Levan xogadas 10 xornadas, das cales gañaron 9 partidos e soamente perderon 1. Isto fai que estean no máis alto da táboa clasificatoria, nestes momentos son segundos na taboa clasificatoria detrás do Luceros B

 Aquí podedes seguir a clasificación de toda a liga:

http://www.fgbalonman.com/clasificaciones.asp?torneo=949&x_OPCION=MC&Submit=Mostrar

 

Deporte en Familia: Visita ao Caurel de Carmen Iglesias da clase de 5 Anos

Deporte en Familia: Visita ao Caurel de Carmen Iglesias da clase de 5 Anos

Carmen Iglesias da clase de 5 Anos, visitou coa súa familia a Serra do Caurel, o pasado mes de Novembro.

Descubriu moitas cousas e pasouno xenial coa súa familia e os seus amiguiños. Deu varios paseos, apañou castañas, noces, avelás, e disfrutou moito da casiña a que foron a fin de semana.

Aquí nos deixa unhas fotos para que as vexades e vos animedes a visitar, este fermoso lugar, vos tamén.



by Dr. Radut