Skip to Content

Monthly archive

PARTIDO DE BALONMÁN ESPAÑA-AUSTRIA

Partido de Balonmán España- Austria

Martes 29 de Outubro de 2014 20:30h

Pavillón de O Gatañal Cangas

 

O vindeiro martes día 29 de Outubro, ás 20:30h, a Selección Española de Balonmán Masculina, disputará o seu primeiro partido clasificatorio para o Campeonato Europeo que terá lugar en Polinia no ano 2016. Este  primeiro encontro enfrontará a España con Austria. Un partido fascinante que poderemos disfrutar en directo moi pertiño de nós.

Aquí vos deixamos máis información do partido:

http://www.balonmancangas.com/espanaaustria.htm

 

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu quinto encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 7 de Novembro de 2014, tivo lugar o quinto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Itzam de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores visitaron o campo do Salvaterra. Os nosos xogadores fixeron un gran partido pero atopáronse coa súa primeira derrota, 5-2.

Animámolos a seguir xogando coma sempre.

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu octavo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 29 de Novembro de 2014, tivo lugar o sexto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores recibiron ó Louro. Os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando 6-1.

Noraboa Campeóns.

CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS

Campionato Provincial de Campo a Través

          Le o que nos conta Lúa

     O pasado sábado 22 de Febreiro de 2014 tivo lugar no Camping de A Guardia, o Campionato Provincial de Campo a Través.
    Foi unha xornada na que do Ceip Plurilingüe e Abalar Nº2 de Tui, participaban varios alumnos:

 

  • Nuria Romero de 6ºB participou na Categoría Infantil Feminina acadando un explendido posto número 22.

 

  • Martín Sestelo Solla de 3ºC, participou na  Categoría Benxamín Masculina acadando un meritorio octavo posto.

 

  • Polo Club Atletismo Tui-Thermalia, participaban os irmáns Lucía Portela de 5ºB e Telmo Portela de 2ºB.  Lucía proclamouse Campeona Provincial con clara vantaxe sobre a segunda clasificada, isto permite que Lucia estea presente no vindeiro Campionato Galego.

 

  • Polo Club Atletismo Porriño, participaba o alumno de 4ºB Diego Rodríguez, que fixo unha gran carreira. 

A nosa noraboa a todos os atletas participantes

 

     

DEPORTE EN FAMILIA

Diego Rodríguez de 4º C práctica deporte en Familia

 

O alumno Diego Rodríguez de 4º C disfruta facendo o que máis lle gusta: “deporte”. Este gran atleta ao que lle gusta o balonmán o atletismo e o surf, tamén lle gusta disfrutar coa súa familia de outros deportes.

Como veredes nas fotos a Diego gústalle o Escalada, o Ciclismo, o Piragüismo, o Sendeirismo, o Patinaxe sobre Xeo… Este é o segredo para ser un gran deportista.

Gracias a súa aficción ao deporte e ao apoio da súa familia, Diego móstranos varios deportes, para que vos animedes a practicalos coas vosas familias tamén.

 

C.B. TUI

Jorge Prieto, Lois Alonso e Cristiano Artur no

14º Torneo Minibásquet 2014

C.B. Seis Do Nadal Coia Vigo

    Os alumnos Jorge Prieto de 6ºB, Lois Alonso de 6ºA e Cristiano Artur de 4ºB, veñen de participar a pasada fin de semana do 3 e 4 de maio, no 14º Torneo Minibásquet 2014 que  organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal de Coia en Vigo.

   O equipo alevín do Club Baloncesto Tui, ao que pertencen, tivo que disputar varios partidos para situarse ao final do torneo na metade da táboa clasificatoria.

   Jorge compartiu cos seus compañeiros de clase a súa medalla e triunfo, como podedes ver nas fotos.

Os nosos parabéns para o Club Baloncesto Tui e para estes grandes xogadores.

A ter en conta na rede

Consellos animados para un correcto uso da internet

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu terceiro encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 25 de Outubro de 2014, tivo lugar o terceiro encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Itzam de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores visitaron as instalación do Futbol Club Tomiño. Os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando contundentemente:  0-9.

Os nosos parabéns e desexarlles que sigan tendo resultados favorables durante a liga.

 



by Dr. Radut