Skip to Content

Monthly archive

BALLET

Ballet

As alumnas de 4ºC Aroa, Sofía R Sofía P, Carlota e Clara disfrutando da actividade deportiva que máis lles gusta, o Ballet. Elas disfrutan en cada adestramento bailando, facendo puntas, etc..

Aquí vos deixan estas fotos para que vos animedes a provalo se vos gusta a vós tamén.

 

XIMNASIA RÍTMICA

María Rosada unha gran ximnasta de Ximnasia Rítmica

 

     A  alumna María Rosada de 5ºB, ven de participar estes fins de semana en varios torneos de Ximnasia Rítmica. Deporte no que disfruta, e gaña moitos campionatos co Club Ximnasia Porriño.

   O 17-18-19 de  Abril de 2014 participou co seu  clube no III Torneo Internacional Vila de Ribadavia, onde se proclamaron 2º  Clasificado por conxuntos en Escolas de Infantil.

    O Fin de semana pasado participaron no II Torneo Maniotas do Concello de Vigo, onde  se proclamaron 1º clasificado Infantil escolar.

As nosas felicitacións a todo o equipo.

 

 

 

 

BALONMÁN

Marta Ripplinger de 2ºC

Campeona do Torneo de Verán do Club Balonmán Tui

A alumna Marta Ripplinger de 2º C comparte cos seus compañeiros de clase a súa medalla gañada no Torneo de Verán do Club Balonmán Tui.

Felicidades a todo o equipo!

Noticia 3

noticia 3

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu cuarto encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día1 de Novembro de 2014, tivo lugar o cuarto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Itzam de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores recibiron no campo Alvarez Durán o equipo de Salceda B. Os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando contundentemente:  3-1.

Os nosos parabéns e desexarlles que sigan tendo resultados favorables durante a liga.

Tamén  aproveitaron a ocasión para enviarnos unha foto coa súa mascota.

O equipo Alevín do Club Futsal Tui xogau esta fin de semana o Segundo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 15 de Novembro de 2014, tivo lugar o segundo encontro de liga de Futbol-sala, para a categoría alevín  do Club FutsalTui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alex e Beltrán de 5ºB. Nesta xornada o Club Futsal Tui viaxaba a casa do seu contrincante. O nos equipo volvía ceder os 3 puntos ao equipo local 7-3

Este curso é o primeiro ano de participación de este equipo la liga federada, o que se lle está facendo un pouco costa arriba, animamos a estes grandes xogadores a seguir xogando que seguro atoparan resultados favorables moi pronto.

Deporte Escolar 2015/16

DEPORTE ESCOLAR 2015-16

Comezamos a Campaña do Deporte Escolar 2015/16 no CEIP Nº 2 de Tui.

Nesta campaña participan todo o noso alumnado dende 3º ata 6º de Primaria.

Tamén recordarvos que é convinte facerse coa equipación do centro para participar nas actividades.

Aquí vos deixamos a folla de inscripción nas actividades

Deixamosvos no arquivo adxunto os colexios participantes nas xornadas de dinamización intercentros.

 

 

SORPRESA NO AEROPORTO

     Os nen@s de 6º, cando visitamos o aeroporto, atopámonos co campeón olímpico de piragüismo David Cal.  Firmounos  autógrafos e foi moi amable  con todos.

 

  

LETICIA FERNÁNDEZ

A Tudense Leticia Fernández Campiona no Campeonato Galego de pista Cuberta.

A Atleta tudense Leticia Fernández proclamouse este fin de semana Campeona Galega na categoría absoluta feminina, do Campeonato galego de pista Cuberta, na modalidade de 800 metros.
A consecución desta medalla de ouro, para unha das mellores atletas tudenses da máxima categoría absoluta, supón un novo éxito para esta gran deportista que a base, de esforzó e sacrificio segue mellorando as súas marcas persoais.
Podedes escoitar a súa entrevista no seguinte enlace:
http://www.goear.com/listen/88b7a4e/programa-32-leticia-fernadez-escoita-deporte-rmt
Noraboa!!.



by Dr. Radut