Iniciar sesión: Acceso

Polos Creativos

Espazo dedicado aos Polos Creativos.

O noso centro na FOLiada de Melide 2024

 

Dentro do marco dos Polos Creativos, o alumnado de 6º de Educación Primaria dedicou as últimas semanas á elaboración de diversos materiais coa finalidade de recadar fondos para a excursión de fin de ciclo. Nesta fin de semana, todas esas cousas que eles e elas elaboraron coas súas mans terán cabida nunha das casetas que o Concello de Mellide coloca ao longo da Rúa do Convento dentro da Foliada. Baixo o lema "Artesanía para viaxar", os "artesáns" de 6º de Educación Primaria convídanvos a gozar das músicas e dos bailes tradicionais que tanta alegría nos dá esta celebración, e tamén a lucir moitas das creacións que estarán dispoñibles na nosa caseta. Así que , xa sabedes, non deixedes de visitala, colaborar cos rapaces e rapazas que tantos esforzos fixeron e , por suposto, gozar da nosa cultura.

Cómpre agradecer ao Concello de Melide pola agarimosa colaboración cos nenos e nenas de 6º, e sen esquecer ao CEIP Plurilingüe de Toques por ceder parte da ferramenta que o noso alumnado usou estas semanas. E, por suposto, agradecer ás familias que tamén colaboraron con aportacións á causa. 

 

ACTUALIZACIÓN: Queremos agradecer a toda a comunidade educativa do noso centro a alta participación nesta iniciativa dos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria. Foi todo un éxito. Non quedou nada de todas as cousas que este alumnado tan entregado á causa se dispuxo a elaborar ao longo de case dous meses. Que gozo compartir estas experiencias alén das paredes do centro.            

 G R A Z A S!!!

Radio Escolar 2023-2024: Museo da Terra de Melide

 

 

O grupo de nenos e nenas de 5º de Educación Primaria, dentro da materia de Proxecto Competencial, entrevistou a Cristina Vázquez, arqueóloga do Museo da Terra de Melide. Este grupo de alumnos/as leva traballando estes dous trimestres sobre as lendas e mitos da nosa comarca facendo uso de diversos recursos: Libro "Terra de Melide" do Seminario de Estudos Galegos, páxina web "Galicia Encantada", ... Este traballo ten como finalidade a súa exposición para o resto de grupos do centro ao longo do último trimestre.

Á súa vez, o centro está a facer uso dalgúns recursos para traballar dentro do marco dos Polos Creativos, que pretende implementar a innovación dentro da escola. Neste caso, fixemos uso do equipo de Radio Escolar. Os cativos/as gozaron de pleno da experiencia.

Comeza a abrirse un novo espazo no noso centro.

 

 

Distribuir contido