Iniciar sesión: Acceso

Benvida

Benvidos á páxina web do CEIP Nº1 de Melide. Aquí poderedes consultar todas as novas relacionadas co centro en cada unha das sección que compoñen o mesmo.

O noso centro na FOLiada de Melide 2024

 

Dentro do marco dos Polos Creativos, o alumnado de 6º de Educación Primaria dedicou as últimas semanas á elaboración de diversos materiais coa finalidade de recadar fondos para a excursión de fin de ciclo. Nesta fin de semana, todas esas cousas que eles e elas elaboraron coas súas mans terán cabida nunha das casetas que o Concello de Mellide coloca ao longo da Rúa do Convento dentro da Foliada. Baixo o lema "Artesanía para viaxar", os "artesáns" de 6º de Educación Primaria convídanvos a gozar das músicas e dos bailes tradicionais que tanta alegría nos dá esta celebración, e tamén a lucir moitas das creacións que estarán dispoñibles na nosa caseta. Así que , xa sabedes, non deixedes de visitala, colaborar cos rapaces e rapazas que tantos esforzos fixeron e , por suposto, gozar da nosa cultura.

Cómpre agradecer ao Concello de Melide pola agarimosa colaboración cos nenos e nenas de 6º, e sen esquecer ao CEIP Plurilingüe de Toques por ceder parte da ferramenta que o noso alumnado usou estas semanas. E, por suposto, agradecer ás familias que tamén colaboraron con aportacións á causa. 

 

ACTUALIZACIÓN: Queremos agradecer a toda a comunidade educativa do noso centro a alta participación nesta iniciativa dos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria. Foi todo un éxito. Non quedou nada de todas as cousas que este alumnado tan entregado á causa se dispuxo a elaborar ao longo de case dous meses. Que gozo compartir estas experiencias alén das paredes do centro.            

 G R A Z A S!!!

Menú Comedor Escolar Abril 2024

Como cada mes, aquí vos deixamos o menú para o vindeiro mes de abril.

Premer AQUÍ para ver o menú.

Radio Escolar 2023-2024: Museo da Terra de Melide

 

 

O grupo de nenos e nenas de 5º de Educación Primaria, dentro da materia de Proxecto Competencial, entrevistou a Cristina Vázquez, arqueóloga do Museo da Terra de Melide. Este grupo de alumnos/as leva traballando estes dous trimestres sobre as lendas e mitos da nosa comarca facendo uso de diversos recursos: Libro "Terra de Melide" do Seminario de Estudos Galegos, páxina web "Galicia Encantada", ... Este traballo ten como finalidade a súa exposición para o resto de grupos do centro ao longo do último trimestre.

Á súa vez, o centro está a facer uso dalgúns recursos para traballar dentro do marco dos Polos Creativos, que pretende implementar a innovación dentro da escola. Neste caso, fixemos uso do equipo de Radio Escolar. Os cativos/as gozaron de pleno da experiencia.

Comeza a abrirse un novo espazo no noso centro.

 

 

AVISO IMPORTANTE: ADMISIÓN 2024-2025

Finalizado o prazo de solicitudes de Admisión, no CEIP de Melide Nº1 para 4º de Educación Infantil hai máis solicitudes que prazas ofertadas, polo que será necesario baremar.

O prazo para presentar a documentación xustificativa do baremo é do 21 de marzo ata o 5 de abril, ámbolos dous incluídos.

Queda dispoñible o documento onde se detalla a documentación a presentar para o baremo AQUÍ.

Admisión de alumnado para o curso 2024-2025

Queda aberto o prazo de SOLICITUDE DE ADMISIÓN no noso centro desde o 1  ata o día 20 de marzo de 2024. Os documentos necesarios para facer dito trámite están dispoñibles no centro. Tamén se poden descargar automáticamente clicando AQUÍ.

Para o vindeiro curso, o noso centro conta coas seguintes prazas vacantes nos diferentes cursos:   

      

4º INFANTIL

20*

5º INFANTIL

0

6º INFANTIL

0

1º PRIMARIA

0

2º PRIMARIA

3

3º PRIMARIA

0

4º PRIMARIA

0

5º PRIMARIA

12

6º PRIMARIA

0

 

CALENDARIO DE ADMISIÓN

 

DO 1 DE MARZO AO 20 DE MARZO

Presentación de solicitudes

DO 21 DE MARZO AO 5 DE ABRIL

Presentación documentación Baremo, NO

CASO DE HABER MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS.

25 DE ABRIL

Publicación de listaxes PROVISIONAIS

DO 26 DE ABRIL AO 5 DE MAIO

Presentación de reclamacións

15 DE MAIO

Publicación de listaxes DEFINITIVAS

DO 16 DE MAIO A 15 DE XUÑO

Prazo presentasción de recurso de alzada

DO 20 AO 30 DE XUÑO

Formalización de matrícula

 

*En 4º de Infantil 3 prazas están reservadas para alumnado NEE.

Observacións:

Entre o 1 de marzo e a data de publicación da listaxe provisional de admitidos e exluídos o número de vacantes pode sufrir variacións por mor da escolarización extraordinaria.

 

ÁREA DE INFLUENCIA

 

PARROQUIAS INCLUÍDAS NA ÁREA DE INFLUENCIA
Baltar, Grobas, Orois, Golán, Maceda, Xubial, Pedrouzos, Santa Eulalia de Agrón, Zas de Rei, Gondolllín, Folladela, Vitiriz, O Barreiro, San Cibrao, Castro, Os Ánxeles, San Salvador, Parte de Santa María: inclúe as paradas de transporte de O Mesón e O Rañado, parte de San Martiño das Varelas: inclúe as paradas de transporte de Motouto, Cruce Reboredo e Montoutiño. 

Para máis INFORMACIÓN, as familias teñen o documento completo á súa disposición nesta publicación.

DOCUMENTO INFORMATIVO

 

Melide, a 28 de febreiro de 2024.

Menú Comedor Escolar Febreiro 2024

Como cada mes, aquí vos deixamos o menú do comedor escolar.

 

Prema AQUÍ para poder visualizar ou descargar.

Reserva de praza do alumnado 6º para o IES

Desde o día 15 do presente mes xaneiro ata o 5 de febreiro ábrese o prazo para reservar a praza no centro adscrito, neste caso o IES de Melide.

Para efectuar dita reserva, cómpre cubrir o ANEXO I que está dispoñible no enlace que AQUÍ vos poñemos. Igualmente, este documento xa foi entregado ao alumnado o pasado luns 15.

Para máis información, poden consultar o ducumento informativo que se partilla nesta publicación.

 

Información sobre a reserva de praza no IES

Menú Comedor Escolar Xaneiro 2024

Aquí vos deixamos o menú deste mes de xaneiro do ano que comeza.

 

Premer AQUÍ para ver ou descargar

Inauguración do colexio!!!

 

Ademais da celebración da gala de Nadal, o pasado xoves 21 de decembro inaugurouse o novo Salón de Actos do centro. Por fin, este espazo onde tantas actividades se fan de xeito común, está acondicionado de xeito equiparable ao resto do centro logo da súa reforma integral hai xa dous anos. Cómpre salientar o esforzo, traballo e ganas para sacar adiante tan importante renovación por parte do persoal do centro en diversas tarefas. É a mostra de que traballar en equipo sempre trae bos resultados. Agora tócalle ás nosas crianzas gozar deste espazo e, por suposto, sacarlle todo o partido que se merece.

Distribuir contido