Iniciar sesión: Acceso

Escolares

CULTURA PARA VIAXAR: Panxoliñas

Este mércores, día 20 de decembro, os nenos e nenas de 6º de educación Primaria do noso centro vannos agasallar cunhas panxoliñas polas diferentes prazas da nosa vila. Agradécese calquera aportación, pois todas suman. É unha das diferentes actividades culturais que este alumnado vai facer ao longo do curso para recadar fondos para a viaxe de fin de curso. Baixo o lema "Cultura para viaxar", intentarase aminizar estas datas. 

Conmemoración 25 Novembro 2023 Ed. Infantil

Ao longo desta semana que se pecha, o alumnado de Educación Infantil conmemorou o 25 de Novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Aquí queda unha mostra do moito e ben que traballaron os nosos cativos.

Tamén, o alumnado de 5º de Educación Primaria, xunto co alumnado do mesmo curso nos outros centros da vila, participou nunha actividade de radio escolar nas instalacións de Radio Melide.

 
 
 
 
Por último, e coa participación da totalidade do alumnado do centro, creouse un mural para conmemorar esta data tan importante como necesaria. O alumnado aportou bolboretas e lemas ao longo da sesión de elaboración do mural. Todo amenizado coa música da banda de rock local, Cuarta Xusta. 
 
 

Gala Cantareira #0 do CEIP de Melide Nº1

Co gallo da celebración do mes das flores, no noso centro emprazouse ao alumnado para que enviase o seu nome feito con flores e plantas ao correo do centro e, deste xeito, darlle cor a este bonito mes. 

Á súa vez, levouse a cabo unha pequena mostra do traxe tradicional galego, coñecendo as súas partes aproveitando a recente Foliada de Melide que tanto gozou a vila e moito do noso alumando.

Por outra banda, e coa intención de amenizar a gala cun pouco de música, parte do profesorado colaborou tocando para as crianzas cancións relacionadas coa festividade do Maio, a nosa vila e pezas que eles xa coñecen para poder acompañar.

Foi unha xornada alegre e esperemos que o vindeiro curso se repita e así perpetuar a presenza da música, flores e tradición no noso centro.

 

 

O Antroido no CEIP de Melide Nº1

 

Xa pasou o tempo de Antroido no noso centro e xa estamos preparados para a segunda parte deste segundo trimestre. Cómpre agradecer o esforzo e traballo do alumnado e das familias que compoñen a familia do Nº1 na elaboración dos traxes que tan lucidos quedaron e tan cheos de cor e alegría desfilaron polas rúas da nosa vila.

 

Consignas do Antroido para o xoves!

 

 

O xoves, como último día antes de presentar todo o traxe alaborado, deberemos traer os nosos sombreiros ben decorados de flores e cintas!

Consignas do Antroido para o mércores!

 

Este mércores hai que levar mandil con cintas para as madamas e mantón con flecos para os galáns.

Consignas do Antroido para o martes!

Para hoxe martes, teremos que ir os nenos cunha garabata vermella e as nenas con xoias e alfaias para ser unhas madamas e galáns ben parecidos.

As consignas do Antroido

Hoxe luns púidose comezar coas consignas do Antroido, No día de hoxe tivemos que levas os brazos cos lazos de cores. A ver que nos depara o día de maña!

Presentación do Entroido de Cobres

Con motivo da temática que este ano nos ocupa na celebración do entroido, puidemos onte gozar da presentación dos traxes orixinais do Entroido de Cobres, no Concello de Vilaboa(Pontevedra). Tamén se amenizou dito acto coa actuación de alumnos dos tres centros da vila e cos mestres dos mesmos. Unha marabilla!

 

 

Día da Paz 2023

Con motivo da conmemoración do Día da Paz, non queremos esquecer a importancia deste valor que sempre debe estar presente na nosa vida. Logo de facer unha recollida de frases que fomenten a paz e a convivencia entre as persoas, decidimos decorar o noso centro dándolle cor e conciencia. Fermosas mensaxes, para fermoso sentimento.

 

 

 

Distribuir contido