Iniciar sesión: Acceso

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Apartado dedicado ao fomento do uso da Lingua Galega no noso centro.

Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego

Neste 2023, o día das nosas letras adícase ao escritor, político, e académico Francisco Fernández del Riego. Como traballo colectivo no noso centro, o alumnado preparou unha pequena liña temporal exposta nun dos corredores do centro sobre a vida do homenaxeado procedente de Lourenzá(Lugo).

 

 

 

Día de Rosalía de Castro

Con motivo da celebración do Día de Rosallia de Castro, no centro quixemos conmemoralo facendo lectura de varios poemas da autora de Padrón, así como elaborar uns carteis decorativos para as portas das aulas. Ademais, de xeito colaborativo, o alumnado confeccionou un mosaico da figura de Rosalía aportando cada un o seu estilo. Bo traballo!

 

 

 

O Antroido no CEIP de Melide Nº1

 

Xa pasou o tempo de Antroido no noso centro e xa estamos preparados para a segunda parte deste segundo trimestre. Cómpre agradecer o esforzo e traballo do alumnado e das familias que compoñen a familia do Nº1 na elaboración dos traxes que tan lucidos quedaron e tan cheos de cor e alegría desfilaron polas rúas da nosa vila.

 

Presentación do Entroido de Cobres

Con motivo da temática que este ano nos ocupa na celebración do entroido, puidemos onte gozar da presentación dos traxes orixinais do Entroido de Cobres, no Concello de Vilaboa(Pontevedra). Tamén se amenizou dito acto coa actuación de alumnos dos tres centros da vila e cos mestres dos mesmos. Unha marabilla!

 

 

Entroido no CEIP de Melide Nº1

Neste 2023, o CEIP de Melide Nº1 continúa a traballar a celebración dos diferentes Entroidos que temos en Galicia. O pasado ano centramos o traballo na figura dos Xenerais da ulla, todo un éxito. Este ano viaxamos un pouquiño máis ao sur para coñecer o Entroido de Cobres, no Concello de Vilaboa(Pontevedra), para enchernos de cores e flores coas Madamas e Galáns. Unha vestimenta moi vistosa que fará que o noso alumnado rebose de cor.

Ao final desta publlicación deixámosvos unha pequeniña mostra de como deben ser os traxes.

Por outra banda, como todos os anos, ao longo da semana de 13 ao 17 de febreiro imos seguir as consignas do Entroido, nas que cada un dos días teremos que vir con parte do traxe. Aquí vos queda de xeito máis detallado:

1.O LUNS NON O IMOS COMPLICAR, DÚAS CINTAS DE CORES EN AMBOS BRAZOS E LISTOS PARA BAILAR.

2.O MARTES SE DE GALÁN TE QUERES DISFRAZAR, CON GARABATA VIRÁS. E SE QUERES VIR DE MADAMA, XOIAS E ALFAIAS.

3.SEGUIMOS A COMPLETAR O DISFRAZ O MÉRCORES: TOCARÁ MANDIL CON CINTAS PARA AS DAMAS E MANTÓN DE FLECOS PARA OS GALÁNS.

4.O MAIS VISTOSO DO DISFRAZ, O XOVES TRAERÁS: UN SOMBREIRO DE COPA GRANDE BEN DECORADO VIRÁ. CANTAS MAIS FLORES, CINTAS E PLUMAS, MAIS BONITO QUEDARÁ.

5.O VENRES VESTIDOS DE BRANCO VIRÁN E NO TORSO, PANO CRUZADO OU PEITORIL POÑERAN PARA ASI ACABAR O TRAXE DE REMATAR.

AGRADECEMOS MOITO A VOSA COLABORACIÓN.

 

   

 

 

Tamén, para poñernos máis en contexto, deixámosvos unha pequena reportaxe sobre o Entroido de Cobres que nos pode servir para coñecer un chisco mellor este interesante entroido.

Entroido de Cobres

 

 

Xogos Populares e Tradicionais no noso centro

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deste centro estamos a fomentar o uso de xogos populares e tradicionais nos tempo de lecer. Aquí vos deixamos un enlace para poder ver un extenso catálogo que se nos proporciona desde o Observatorio do Patrimonio Lúdico. Á súa vez, tamén poderemos descargar a App dos xogos tradicionais nos nosos dispositivos móbiles para que poidamos desfrutar cos cativos en calquera momento. A App está dispoñible tanto para os dispositivos iOS(iPhone/iPad) coma para Android(resto de dispositivos agás Huawei).

 

Xogos Populares e Tradicionais

Distribuir contido