Iniciar sesión: Acceso

Complementarias

Escape Room no cole!

Na xornada do pasado luns 30 de xaneiro, o alumnado de Primaria puido desfrutar dunha actividade que estimulou a súa curiosidade e habilidade para descubrir misterios. Foi unha Escape Room proporcionada pola Anpa "O Forte", e que os cativos e cativas gozaron enormemente ao longo do día. Unha marabilla!

Vídeo sobre a Violencia de Xénero

O pasado mes de novembro, parte do alumnado de 6º de Educación Primaria ideou o guión e rodou un vídeo no que se quería plasmar o punto de vista que eles e elas teñen sobre un problema que, desgraciadamente, está moi presente na nosa sociedade.

Sesións de cine e teatro coeducativo

O pasado luns e martes desta semana tivemos no centro unhas sesións de teatro e cine coeducativo para o alumnado de educación Infantil. Aquí tendes unha pequena mostra.

Actividades de baile e teatro coeducativo

Na xornada de onte, tivemos no noso centro dúas actividades de teatro e baile coeducativos desde o Concello de melide. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do acontecido:

Xornada de contacontos!

Hoxe o alumnado de Educación Infantil puido gozar dunha sesión de contacontos con Raquel Queizas. Gracias á Asociación Anedia(Asociación de Nenos, Nenas e Xente Nova con Diabetes de Galicia) por aportarnos estes momentos de ledicia aos máis pequenos.

Charlas sobre IGUALDADE

O pasado venres tivemos no noso centro unhas charlas sobre igualdade para todo o alumnado. Unhas charlas que a todos e todas nos fan reflexionar sobre un tema de tanta actualidade.

A maxia e a igualdade visita o centro.

Hoxe, xoves 17 de novembro, tivemos a visita de dúas magas que amenizaron a xornada con maxia dentro do contexto da igualdade. Aquí deixamos unha mostra do acontecido. 

Distribuir contido